lunes, 24 de enero de 2011

A Xunta comprará o castelo de Pambre

14 meses despois da morte da morte do conde de Borraxeiros, por fin, a Xunta, por boca do presidente Alberto Nuñez Feijoó, anunciou hoxe no salón de actos da casa do concello de Palas de Rei a existencia dun acordo de compra entre a Xunta e os actuais donos do castelo, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis (Vigo).
Na roda de prensa convocada por Fernado Pensado (alcalde de Palas de Rei) estaban Alberto Nuñez Feijoó (Presidente da Xunta), Roberto Varela (Conselleiro de Cultura e Turismo), José Manuel Barreiro (Presidente do PP en Lugo), José Donaire (responsable da congregación dos Misioneiros) xunto con media ducia de misioneiros e os seus avogados. Supoño que nun día histórico para A Ulloa ninguén quería perderse ese momento.

Falouse da existencia do acordo de compra do castelo con todas as súas propiedades (5 millóns de euros) aínda que hai fincas nas que os lindes non están claros. Falouse do pago diferido deses cartos e de como eses cartos repercutiran nun ben social (a obra do Misioneiros). Aproveitaron para facer un pouco de campaña política (son políticos, claro) e remataron o acto.

Por unha razón ou por outra todos satisfeitos.

Pambre xa é noso agora e este era o primeiro paso.
Agora ben o mais difícil.


lunes, 17 de enero de 2011

O pozo de Vilareda




A gran maioría dos pozos da Ulloa son privados, é dicir, pertencen a unha casa concreta. Por ser privados, moitos deles están dentro da finca da casa e é moi difícil velos cando vas de paseo.
O pozos públicos, polo contrario, están colocados en lugares con bo acceso para a maior parte da aldea polo que pasan menos desapercibidos.
Se situación e a propiedade van unidas eu diría que pozo de Vilareda é público, pero a verdade é que non lle preguntei a ningún veciño por ese particular porque a estrutura do pozo (o seu tellado) é tan curiosa que o da propiedade queda en segundo plano.


Detalles da estrutura e do interior do pozo.
Vilareda.
Palas de Rei


Sempre que vexo un pozo non podo resistir a curiosidade de abrir a porta para ver se aínda ten o balde e a roldana.