lunes, 30 de marzo de 2009

Santa María de Marzá I

































Foi feita no primeiro cuarto do siglo XIII e perteneceu ó dominio do monasterio de Vilar de Donas xunto cas igrexas de Arcos, Lodoso, Berbetouros e Antas de Ulla.
Na reforma feita nos anos cincuenta do século pasado, perdeu a portada orixinal así como os canzorros (canecillos) do muro sur.

Desta reforma dí Izquierdo Perrín no seu libro "La arquitectura románica en Lugo" unha serie de cousas que paso a transcribir: "De la desaparecida portada medieval podría proceder un capitel decorado con hojas[...] entre las que asoma una cabeza humana. Este capitel estuvo en la sacristía y hoy se encuentra en manos de particulares. Los muros laterales de la nave también fueron alterados, así el del sur ha sido reconstruido en su totalidad prescindiéndose de los canecillos, alguno de cuyos fragmentos se guardaba en la sacristía y ha corrido la misma suerte que el capitel anterior".

Tamén fala da reutilización das pedras na nova facha principal e do sillar (posterior ó románico) dun animal fantástico que, como podedes ver, puxérono patas arriba.

Pregúntome se algunha desas pezas desaparecidas serán as que agora se poden ver xunto as pezas do sartegos en Vilar de Donas ou serán algunha desas pezas de pedra que están no Museo Parroquial de Monterroso. Se alguén coñece esas máns privadas, ¿podería decirlle que me manda unha foto delas?.

Detalles da fachada principal.
Marzá.
Palas de Rei

viernes, 27 de marzo de 2009

A Ponte do Rolo de Castro de Amarante















































Ó pé do Farelo está Castro de Amarante, e dese monte (o meu monte) baixan regatos que na aldea se chaman ríos.
Para que non se me esqueza escribo nesta entrada o que me dixo Teresa Varela Carnero sobre as sete pontes do Castro.

"No Castro hai sete pontes:
  1. A PONTE DA LAMA, xunto ó muíño de Pérez, que tiña unha barrandilla de pedra que fixo ó papá e que tiraron cando sacaron os pinos do Farelo porque non daban pasado. E as pedras inda están no río.
  2. A PONTE DO ROLO, que se chama así porque as pedras, de tan gastadas, arrolaban, e tamén porque ó muíño vello chamábanlle Do Rolo.
  3. A PONTE DAS TABLAS, que vai polo Camiño Real e antes tiña tablas. Xa pasada a ponte, no Camiño Real están enterrados os cordós umbilicais dos irmáns da Casa Varela, para que tivésemos boa memoria.
  4. A PONTE DA CARRETERA, a da nacional, que tamén tiña barrandilla de pedra onde nos sentábamos.
  5. A PONTE RECECENDES, que tiña pasos de pedra antes de facer a ponte nova.
  6. A PONTE DOS AVINEIROS, por debaixo da Casa do Quinteiro e que tamén é de pedra.
  7. E, A PONTE DO PONTILLÓN, indo pola carretera cara a Ponte do Estanco."
Aquí quedan as palabras de Teresa como proba da boa memoria dos irmáns Varela.


Detalles da Ponte do Rolo.
Castro de Amarante.
Antas de Ulla


jueves, 26 de marzo de 2009

O cemiterio de peregrinos de Ligonde
































No centro da aldea de Ligonde existía un camposanto para peregrinos e, de feito, ainda existe porque os ósos alí siguen, debaixo da terra do Naval Grande.
Fai anos o recinto, que estaba delimitado por valados de pedra, ocupaba uns 20 metros de largo por cinco de ancho. Esa delimitación, xa moi deteriorada, deixou de existir fai mais dunha década, cando os donos do terreo agregaron a "horta dos romeiros" (curioso facer unha horta nun cemiterio) ó naval (e... ¿a qué sabería ese caldo de navizas? ¿a caldo de ósos?).
Nos anos setenta, o recinto aínda conservaba as cruces, cruces que, polo que din os veciños, son as que na actualidade rodean a igrexa de Santa María de Tarrio. (Descoñezo a data na que foron sacadas para plantar a horta).
No outono de 1985, o ciminterio sufriría outro traspés. Nesas datas a pista que cruza Ligonde foi ancheada, polo que, tanto a cruz que sinala o lugar do cemiterio como o valado que linda co camiño, foron trasladados varios metros hacia atrás. Di Yebra de Ares que daquel movemento de terra sairon un bo número de ósos que recolleu e levou o Museo Provincial de Lugo.

(¿E seguerían recollendo navizas?).


Detalles da cruz que marca o lugar do cemiterio.
Ligonde.
Monterroso



miércoles, 25 de marzo de 2009

O pazo de Podente





















































Feito na primeira metade do século XVI por orden do crego Antonio Salgado Gindín, de quen se conserva o seu sartego no Museo Provincial de Lugo. Foi habitado polos nobres da zona ata mediados do século XIX. En 1925 foi adquirido por Jose Santalla Vázquez sendo os seus descendentes os que o venderían a dúas familias propietarias na actualidade.
Da súa arquitectura destaca sen dúbida o seu balcón-corredor e a desmeruda proporción das ménsulas que o sosteñen. A casa ten tres escudos, dous colgan da súa fachada como remate superior as antigas entradas o terceiro podelo ver atravesando o espello cara A Outra Ulloa.

Balcón, detalle das ménsulas e portada con escudo.
Podente.
Parroquia de San Miguel de Esporiz.
Monterroso

martes, 24 de marzo de 2009

Kaiak 2009 nas Torrentes do Ulla
















































Despois das probas clasificatorias do primeiro día, tódolos piraguistas fan unha baixada de exhibición polo resto das Torrentes. O mais espectacular é velos tirarse no Pozo Branco. Este ano hubo algún que levou un pequeno susto e o seu codo, que bateu contra as pedras sumerxidas, aínda se resinte.

Detalles da exhibición e a caída de Borja.
Palas de Rei- Agolada.

Outras fotos do Kaiak na páxina oficial do Campionato Torrentes do Ulla e na Outra Ulloa

lunes, 23 de marzo de 2009

A canle vella das Torrentes
















































A miña intención era colgar as fotos da canle vella o mes pasado, pero coa suspensión do Campionato de Kaiak os meus plans reviráronse. Cumprindo ó prometido, aquí están.

A primeiros dos anos 20 do século pasado, á familia García Ouro de Leilón (os do balneario de Frádegas) teñen unha concesión para a construcción dunha canle de derivación de augas (coa finalidade de aproveitar o desnivel do terreo) para xerar un salto onde produccir enerxía eléctrica.
No ano 26 a canle, cunha lonxitude de mais de un quilómetro, está feita, pero nunca chega a echerse, en parte polos derrumbamentos e, supoño, que a outra parte estivo na morte do dono da concesión. No ano 30 a concesión é vendida pola viuda de Julio García a Ascensión Santos, pero a central nunca se chegou a construir.

A día de hoxe o muro da canle resiste na maior parte do seu recorrido e da a impresión de ser un camiño (ben ancho, por certo) a beira das Torrentes do Ulla.


Entrada da auga á canle e detalles do muro da canle.
Marxe esquerda do Ulla frente a Palas de Rei.
Agolada

O interior da canle na Outra Ulloa

miércoles, 18 de marzo de 2009

San Miguel de Esporiz
















































Ata a construcción nos anos cincuenta da actual igrexa de Monterroso, a de Esporiz era a parroquia da vila.
A pesar das reformas que sufriu dende a súa fundación na década do1180, conserva a nave e a porta oeste da construcción románica. Fruto desas reformas é o canecillo que se pode ver fora do seu emprazamento orixinal (adosado o muro que rodea á igrexa) e que recorda a eses leóns tan representados no románico palentino (supostamente mostran os dentes pero a min paréceme que están a rirse de nos).
As basas das columnas da porta principal estiveron baixo terra ata que fai uns anos foron detapadas. Vale a pena pararse a velas.

Por certo, no interior, baixo o caleado, hai pinturas murais.

Porta principal, detalle das basas das columnas e canecillo do muro da igrexa.
San Miguel de Esporiz.
Monterroso

Entra no recinto da igrexa na Outra Ulloa

martes, 17 de marzo de 2009

O cabazo da Veiga





























Na mesma finca, no lugar da Veiga, hai dous cabazos. Moito mais baixos cos do centro da comarca e a falta de altura e compensado polo seu ancho, o que lles da un aspecto mais rechoncho. Lembreime dun da parroquia de Miraz (Friol) do que ten unha fotografía o amigo das Terras de Friol no seu post Cabazos. Supoño que ese parecido de formas terá o seu porqué.

Cabazo e detalle do trenzado.
A Veiga.
San Vicente de Ambreixo.
Palas de Rei.

Podes ver o outro cabazo da Veiga visitando A outra Ulloa

lunes, 16 de marzo de 2009

O Pazo de San Pedro de Meixide







































Foi feito no século XV e a súa construcción está vinculada (según Yebra de Ares) as melloras feitas na igrexa parroquial de San Pedro. No ano 1479, eran donos don Juan Varela e dona Elvira Sanchez Noguerol (a lápida do seu sepulcro pódese ver no interior da igrexa Vilar de Donas).
Ata a venda ós actuais donos, quenes arranxaron a casa e adicana agora a turismo rural co nome de Pazo Mariñao, era propiedade dos marqueses Camarasa.
Chama a atención a solaina e a súa escalinata, así como ó escudo no que se presentan os Arias, Ozores e Ulloa. Según Yebra de Ares, o primitivo escudo da casa é o que se pode ver colgado na actualidade na fachada da casa rectoral, situada ó carón do pazo. No desmerecen nada as fermosas chimeneas, unha delas ben curiosa, por certo.

Detalles da fachada principal.
San Pedro de Meixide.
Palas de Rei.

Atravesa o espello cara A Outra Ulloa

viernes, 13 de marzo de 2009

O muiño das Augas de Frádegas




















Da outra banda do río, xunto o balneario de Frádegas, atópase o muiño.
Deixou de funcionar a finais dos setenta, sendo ó último muñeiro Pepe de Rigueira (de Santa Mariña), o marido de Ascensión Santos Barros, a súa propietaria.
Muiño maquieiro de tres pedras (pedras francesas, como se lles chamaba) que aínda seguen alí. Ademais da construcción propiamente dita, o muiño tiña a cuadra para as bestas, un pequeno cuarto para ó muiñeiro e un forno, pero estes dous últimos xa están en ruinas. Sorprende ver como o lavadeiro (o carón da saída da auga) segue en pé e sorprende tamén que a tosta da presa (unha das mais grandes da comarca, preto duns 150 metros) continue a resistir crecidas a pesar do abandono.
Por certo, ata fai uns tres anos, na entrada, aínda estaba unha argola de ferro para amarrar os cabalos. Algún pirata levouma.
Detalles da entrada do muiño, saída da auga (con lavadeiro ó pé) e tosta da presa. As Augas de Frádegas. Parroquia de Pidre. Palas de Rei
Mira pola fiestra do muiño atravesando cara A Outra Ulloa

jueves, 12 de marzo de 2009

San Miguel de Coence
































Construída entre os anos 1150 e 1160. Nelea traballaron canteiros procedentes da igrexa de San Salvador de Balboa. No arco triunfal do seu interior, igual que en Balboa, conserva capiteis historiados dos que aínda non conseguín facer unha foto (todo se andará) e unha pía baustimal románica decorada con vexetais e unha cabeza humana.

Porta principal e detalles dos capiteis.
San Miguel de Coence.
Palas de Rei.

miércoles, 11 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas III
















































Na parte dereita do patio atópanse as salas de baño. Alí perviven os restos da caldeira, a polea e o tanque que almacenaba a auga que logo era distribuída polas 5 salas de baños que se sitúan o longo do pasillo contiguo. Salas individuais, duns catro metros cadrados, que ainda conservan as bañeiras e que tiñan (e teñen) unhas fermosas vistas o río Ulla.

Detalles da caldeira, polea é tanque da auga.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Mira polas fiestras da sala de baños na Outra Ulloa

martes, 10 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas II




























A xente segue achegándose ó balneario a coller auga, por iso o acceso a fonte é, prácticamente, o único espazo do patio libre de silvas.
O que mais chama á atención dos novos visitantes é ese cheiro a ovos podres tan característico das augas axofradas, que desaparece cando leva uns poucos minutos dentro dunha botella. Esta auga, bebida, era empregada para problemas do aparato dixestivo e do fígado (descoñezo como lle iría isto os riles). En baños empregabase para problemas da pel (soriasis, por exemplo) e para a reuma.
Podedes atopar unha analise química da auga (feita en 1994) e mais detalles do balneario na páxina www.esgalicia.com.

Porta de acceso á fonte e detalle dos caños.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa ó espello cara A outra Ulloa e mira tralas fiestras

lunes, 9 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas I










































Resistindo ó abandono como ninguhas outras, érguense as pedras do antigo Balneario das Augas de Frádegas. Descoñezo a data na que foi feito por pero xa en 1877, Nicolás Taboada Leal fala del no seu libro "Hidrología Médica de Galicia. Noticias de las aguas mineromedicinales de las cuatro provincias de este antiguo Reino", onde di que ten unha clientela de unhas 500 personas ó ano e engade que noutro tempo eran mais concurridas. No 1890, Cecilo Neira Nuñez , catedrático de farmacia da Universidade de Santiago, escribe un artigo titulado "Noticias de las aguas mineromedicinales de Frádegas (Antas, Lugo)" onde expón os resultados das súas analises da auga.
O balneario, que na súa primeira época era propiedade dos señores do Pazo de Leilón e xa no século pasado foi vendido ó "Roxo de Cabana" (pai dos actuais donos, os irmáns Santos Barros), está formado por varias edificacións unidas entorno dun patio central. Accédese polo único espazo que non pecha o patio, entre o edificio onde estaba a capela (entrado á esquerda) e a vivenda principal. Na planta baixa desta última, e ocupando un lugar central, atópase a fonte das augas axofradas (sulfurosas) e, nos edificios do lado contrario, pódense ver (aínda) á caldeira e os restos das salas de baños. Deixou de funcionar na segunda metade da década dos sesenta por falta de clientela.

Vista xeral dos edificios e fachada traseira.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 2 de marzo de 2009

O sartego dobre de Albá


























Na praza da igrexa, a carón do peto das ánimas e do cruceiro, hai unha fonte xunto cun sartego (sarcófago) dobre. Non se sabe de onde veu nin quen o colocou alí pero, dende sempre, a xente empregouno para botar a auga que sacaban a caldeiros da fonte e, así, dar de beber ó gando.
Na aldea todos o recordan alí cumprido coa súa función e, a min, paréceme ben que alí siga aínda que xa poucas vacas beban nel.
Da súa historia hai pouco que dicir, non ten inscricións e eu diría que é medieval por iso de que na Baixa Idade media existiu o costume dos enterramentos dobres pero é pura especulación. Otero Cebral di que podería ser visigodo e eu sei que estes facían enterramentos antropomorfos.
Na Ulloa existe outro igual xunto a igrexa de Amoexa, estaba dentro dunha casa que agora derrumbaron e empregábase como salgadoiro da carne da matanza, por sorte o sartego segue a bo recaudo.

Detalle do sartego e a fonte.
Santiago de Albá.
Palas de Rei