jueves, 16 de abril de 2009

San Miguel de Coence I




















































Quedeime abraiada este Domingo de Ramos ó entrar na igrexa de San Miguel de Coence. Sabía que tiña capiteis historiados e por iso quería ver o seu interior, a sorpresa foi entrar e ver as pinturas que, segundo o párroco, foron desencaladas e consolidadas hai uns dez anos.

A técnica e temática é similar a de Santa María de Marzá: momentos da Pasión na parte esquerda da nave, o Xuizo das almas na dereita e sobre o arco triunfal a Anunciación. Dentro da abside a Ultima Cea e outra escea que non sei interpretar.

Nas fotografías podedes ver unha vista xeral da nave, a escea de Cristo atado ó pilar recibindo os lategazos, e na última, a parte que resite da cruciflixión que, curiosamente, e a imaxe dun dos ladróns.


Detalles do interior da nave.
San Miguel de Coence.
Palas de Rei

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

No hay comentarios: