domingo, 31 de mayo de 2009

Cen entradas






















Comecei a facer iste blogue porque a crise económica deixoume case sen chollo. Comecei coa idea de colgar fotos, poñer o nome do sitio e nada mais, sen comentarios de negún tipo aínda có pouco caín na conta de cas veces era inevitable escribir algo. No mes de xaneiro a crise obligoume a tomar unhas vacacións forzadas e, sen nada mellor que facer, púxenme a escribir o que eu sabía das cousas que ía sacando.

Xa pasaron seis meses e o meu editor di que con esta xa van un cento de entradas así que, hoxe, para non sentir a soidade desta casa valeira, busquei unha foto que me trouxese algo bo a cabeza: os meus pés remollándose nas augas do Ulla, unha foto que sempre leva a súa propia banda sonora.

Por certo, decidín que nas vindeiras semáns non vou sacar nada novo. Voltarei as primeiras entradas e poñereime en serio con elas, así que por unha temporada toca: petroglifos do Farelo, Balboa, Sucastro, Viloide, cruceiro de Alvidrón, Novelúa e Pambre. E outra cousa, irei borrando as vellas entradas según publique as novas, así que ainda teremos cen entradas para unha temporada.

Gracias a tódolos que deixades os vosos comentarios, da gusto saber ca alguén lle interesa saber algo mais sobre A Ulloa.


Os meus pés remollándose no Ulla.
Portocarreiro.
Parroquia de Alvidrón.
Antas de Ulla.

5 comentarios:

Friol dijo...

Pois felices 100.
Mágoa que a crise se atravesase no teu camiño.
Esperemos sexa , persoalmente o máis pasaxeira posible.
Ánimo e sorte.
Xa comentei noutra entrada a calidade do teu blogue.
Non teño que engadir máis nada.
Boa andaina.

Chousa da Alcandra dijo...

Os motivos que te levaron a parir este blogue fan bo aquelo de que "non hai mal que por ben non veña...".
Parabéns polos cen.

(E tés razón que case compartimos tema da imaxe; incluso case debo recoñecer un certo plaxio no meu último post para coa cabeceira deste teu recuncho. E que, alí na cima do Faro, sentíame tan paxaro que voei tamén coa miña cámara)

Antonio dijo...

Noraboa , a pesares de que apenas fago comentarios decir que sigo o bloge asiduamente.
Grazas a él coñezo muito mais as terras dos meus sogros.


saudos cordiais

A Ulloa en fotos dijo...

Chousa, a min pasoume o mesmo, xa fai uns seis anos, subida nunha pena do Farelo e vendo a miña sombra sobre outro fermoso bolo de graníto. Foi curioso, ata a miña sombra parecía integrarse na pedra. Creo que escollín esa foto precisamente por iso, porque era eu en conxunción coa miña Ulloa.

pepa roig dijo...

merece ser visto y leido...todo el blog
no hay soledad en tu casa, pues aún estando sola hay tantos objetos, aromas, recuerdos y pequeños detalles practicamente perceptibles que te acompañan...