Recordo a Peneda fai anos, onde agora están as piscinas crecía a espadaña e ó xunco e a min dábame bañarme porque sempre había algunha serpe de auga rondando por alí.
No 82 fixeron as piscinas e comezouse a arranxan a beira do río e á presa. Ata ó ano 91 Luis García Rojo foi o encargado de darlle forma e carácter a este recuncho. Foi él quen foi recollendo e colocando esas pedras é elementos senlleiros (muíños, canles, sartegos, pías...) que por doazón dos seus propietarios foron enriquecendo este espazo. Ó xubilarse Luis, deixou no concello unha lista cos nomes dos doantes e lugar de procedencia dos obxectos para que se lles puxese unha placa cos datos que lles correspondían pero na actualidade seguen sen ela.
Á singularidade deste espazo natural hai que engadir a singularidade do patrimonio etnográfico e arqueolóxico integrado nel. Ademáis das innumerables pedras de muíños de auga (pés e moas), existen outros moitos restos de muíños romanos (muíños de mán). Destacable tamén os dous restos de antigas canles de agua, a primeira (foto 3) doada por un veciño de Arxona , e segunda, moito mais pequeniña e que se atopa na marxe esquerda da tosta da presa, era á canle do muíño vello de Cumbraos (refeito a mediados do século pasado para aumentar o número de pedras) é propiedade de José Álvarez.
Na parte alta atópanse dous sartegos antropomorfos (foto 5) a carón dun conxunto de pezas (foto 4) que merecen ser vistas sen presas: varias pías e un resto dun muíño de mán castrexo. Volvendo a baixar cara ó río veredes un capitel (foto 6) doado por veciño de Irixe (Marzán) quizáis procedente dalgún arranxo da igrexa vella de Marzán, preto atópase un hórreo (foto 7) doado por un veciño da vila de Monterroso convertido agora en parladoiro co vista ó Ulla.
Para rematar a vista á Peneda, nada mellor que cruzar polos pasos (foto 8) frente ó antigo lavadoiro e subir ó bar a tomar un refresco con Carmen e Javier, que ademáis de ser bos profesionais hosteleiros (tamén se encargan do Camping Municipal que se atopa a cen metros do recinto da Peneda) sempre é un gusto poder conversar con eles.
Detalles da Peneda.
A Peneda.
Monterroso.
Atravesa ó espello cara A Outra Ulloa
No hay comentarios:
Publicar un comentario