jueves, 14 de mayo de 2009

Santiago de Amoexa I
































































































Cando te achegas a esta igrexa, construída na última década do século XII, o primeiro que chama a atención é o portico lateral que, pese a que poida parecer un engadido posterior, tamén é de orixe románica. Dese pórtico chaman especialmente a atención as dúas columnas que non están feitas en granito, senón de unha pedra de cor clara e con textura pulida que, dende logo, non é da zona, aínda que non me aventuro a dicir que é do Caurel como xa escoitei.
A iconografía dos canzorros (foto 2) é sinxela, os mais destacables son un cunha cabeza de carneiro e outro que semella un ¿caracol?
Sen dúbida, o elemento mais traballado do exterior da igrexa é a abside (foto 3) xa que por desgraza a porta principal orixinal foi desfeita en reformas do século pasado. É curioso observar a distinta feitura dos dous capiteis, mentres o da esquerda é tosco e sen detalle, o da dereita mostra outra mán ben distinta (fotos 4 e 5). Tamén na ábside pódese observar, no basamento dunha columna, a figura de dous leóns enfrentados, un deles xa case desvaído.

Detalles do exterior da igrexa.
Amoexa.
Antas de Ulla.

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Ese ábside é dunha beleza absoluta. Téñome recreado coa miña cámara unhas cantas veces nas "columniñas" da fiestra absidal, e -cada vez que vou- sigue a sorprenderme.