jueves, 21 de mayo de 2009

Xurxo Vázquez Besteiro- Artesanía en madeira



































































































Antonte, intrigada por un ártigo que lin na Voz de Galicia, fun ver a exposición de Xurxo. Sabía que facía instrumentos musicais (fotos 4 e 5) e que vívia en San Pedro de Frameán, nada mais.

Foi unha marabillosa sorpresa ver as súas pezas en madeira, non polo deseño das formas senón pol o xeito tan persoal que ten de escoller e empregar a materia das que están feitas. Fascíname que se poida facer unha cunca con "bídalo pasmado" (foto 3) ou aproveitar unha verruga de plátano de sombra para facer un valeira-petos (foto 1).

Un artesán racha co seu oficio cando os obxectos do cotián perden a súa funcionalidade. Cando unha cunca deixa velas súas entrañas (foto 2) e podes ver nela a beleza da imperfección, o obxecto pasa a ser arte.

A Xurxo non xe gusta falar sobre sí mesmo e non quere aparecer en fotografías porque "o importante non é o meu careto senón o meu traballo", un traballo do que non vive (é carpinteiro dos que che colocan, por exemplo, a cociña na casa, a pesar de que na súa carta de artesán pon "Productor de instrumentos tradicionais, populares galegos e Talla de madeira") e que comezou como un pasatempo "fai dez ou doce anos".
De tódalas formas, as súas pezas están a venda, podédes poñervos en contacto con el indo a ver a súa exposición (ata o día 31 de maio), indo o seu taller en San Pedro de Frameán, nº 30 (Monterroso) ou no teléfono: 678.882.564.


Detalles dos obxectos da exposición.
Sala municipal de exposicións.
Monterroso.

1 comentario:

Tinta Azul dijo...

Bonitos objectos.

:)