Fun ata San Xusto na Semán Santa pasada, un día gris no que sabía ca igrexa (románica) estaría aberta. Cando cheguei estiven a dar voltas pola aldea mentras non remataba ó oficio e atopei, nun espazo de 50 metros do cruce de camiños que leva a igrexa (foto 1) tres mostras de arquitectura popular dignas de mención: unha fonte, un pozo con bebedoiro e un sartego.
Da fonte (foto 2) non me recomendaron os veciños que bebera, "porque hai unha granxa moi preto". O pozo (foto 3), na beira do camiño, está incrustado no valado e ten o seu carón un bebedoiro para os animais que xa non se emprega e por iso está cheo de ortigas. Ó do sartego (foto 4) non é tan doado de explicar, estaba xunto a unha casa e, polos restos de cinza que tiña dentro, débese empregar para ¿facer fogatas?.
Cando fun a igrexa quedei un pouco chascada. Na portada principal ten un Crismón Trinitario e tamén uns bonitos canzorros pero as fotos destes últimos creo que, definitivamente, só teñen sitio na Outra Ulloa, asi que se as queredes ver teresdes que atravesar ó espello
Detalles de San Xusto.
San Xusto de Repostería.
Palas de Rei
2 comentarios:
Realmente estou colgado do teu blog, e teño unha dubida ¿Como sabes todalas historias que contas?..Ou tes unha memoria de elefante, ou ben te las contan, ou ben te sun libro maxico ...
Moitas grazas, nunca pensei que tan certa tiveramos tantas couas mais que admirar.
Por certo, das rutas de sendeirismo....por cal me recoemndas que empeze..??
Moitas gracias a ti polos parabéns.
Boa memoria para as cousas que vexo pero moi mala para as datas.
A ruta de sendeirismo é so 1 descrita en:
Dende as Quendas ó muíño do aleman INas etiquetas aparecen 5 porque hai 5 entradas adicadas a esa ruta.
Co tempo xa virán mais.
En todo ó entorno do Farelo, sexa Antas de Ulla, Agolada ou Rodeiro hai moitas cousas que admirar, agora mesmo veñenseme a cabeza dúas: petroglifos e igrexas (a de Ventosa ¡qué marabilla!). En fin, que se miras ven sempre hai algo en tódolos sitios.
Volta cando queiras, serás ben recibido.
Publicar un comentario