lunes, 18 de mayo de 2009

O Cruceiro de Amoexa


























































Na base deste cruceiro unha inscricción di: "Esta obra la izo Domingo Ramón Varela de Ludeiro 1862".
O seu segundo apelido non ó sei, ise "de Ludeiro" refirese o seu lugar de nacemento: a aldea de Ludeiro, en Antas de Ulla.

Cóntase que, de novo, foi a Santiago a escola de Artes e Oficios e que, para superar ó que hoxe sería a proba de acceso, mandáronlle facer un mazo de madeira. Ramón pediu có deixaran só nunha habitación e pechouse alí día e medio. O cabo dese tempo os profesores foron a velo e enseñouse o seu mazo, aparentemente un mazo normal. Os mestres protestaron e dixolles ca arte estaba en petar con el. Eles petaron, o mazo abriuse e dentro apareceu unha pequena talla que representaba á Sagrada Familia. Ó velo, os profesores dixéronnlle que podía marchar, cos cursos que alí se facían xa os tiña aprendidos.

Non sei se esta historia é unha lenda sobre el pero a súa destreza na arte de esculpir queda mais que patente vendo a calidade deste cruceiro. Engadir que a Domingo Ramón lle gustaba pintar as súas pezas e de aí ven esa policromía no manto da Virxe (foto 3), na columna do cruceiro (foto 1) e na cabeza dos anxos (fotos 2); policromía orixinal que ata fai un dous anos, cando se restaurou (quedara esnaquizado ó bater un camión nel), estivo tapada por un repinte cun veciño da aldea fixera xa fai tempo.


Vista xeral do cruceiro e detalles do Cristo e a Virxe.
Amoexa.
Antas de Ulla.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Antes do accidente co camión, o varal do cruceiro mesmo semellaba pintado por un forofo do At de Madrid!!!

O Cruceiro é unha verdadeira xoia. Non hai duda de que é un dos mellores que temos en Antas.

A Ulloa en fotos dijo...

Non era roxo e branco senón roxo e amarelo.
Por certo, penso que en Senande ademáis do retablo (en nogueria, unha marabilla ata co repintador oficial dos anos noventa das igrexas da Ulloa fixo das súas) tamén foi feito por Domingo o cruceiro. Estou a recoller información sobre ese tema asi que se sabes algo...

A Ulloa en fotos dijo...

Rectifico. O retablo de Senade non foi feito por el senón por José Cumplido, de Castelo (Agolada). A súa filla viviu en Castro de Amarante e emparentou ó casar coa familia de Domingo Ramón, de aí veu a miña confusión. Sobre o cruceiro de Senande sego a buscar datos.

A Ulloa en fotos dijo...

Perdón, Castelo non pertence a Agolada, senón a parroquia de Cadrón, no concello de Lalín.