domingo, 17 de mayo de 2009

Día das letras galegas na Ulloa



















A RUY XORDO

Aramos sobre os mortos nesta terra
i o noso pan ten un sabor de hosos
familiares, irmáns. O monte berra
baixo do arado, e chámannos os nosos

desde a morte con voces conocidas:
"nin marqueses, nin cregos, nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas,
nin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que veña navegando aos nosos portos.

Os que pidan o fruto sin labores,
si non morren de seu, morran de guerra,
e desta terra, así, serán señores"

Lorenzo Varela.
(Extraído de "Catro poemas pra catro grabados")


Gústame este poema no que Lorenzo Varela recorda ós fusilados nas cunetas, nos montes, nas leiras... e tamén os vivos que sabían que, os seus mortos, estaban baixo esa terra sobre a que eles seguían facendo a súa vida.


Sepultura de Lorenzo Varela.
Camposanto da Igrexa de Fufín.
Monterroso.





3 comentarios:

Friol dijo...

Correspóndelle a Cunqueiro este epitafio, pero ben podía poñerllo a Lorenzo Varela:"aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
Quizás co engadido de "loitador ata a súa morte".

Chousa da Alcandra dijo...

Palabras intensas e cargadas de sentimento.
(Non sabía que estivese en Fufín a súa sepultura)

A Ulloa en fotos dijo...

Morreu en Madrid o 25 de novembro de 1978. O día 27 foi enterrado nunha fosa común do cemiterio da Almudena.En xaneiro de 1981 os restos foron trasladados a Fufín onde tamén están enterrados sua nai e seus avós.