viernes, 5 de marzo de 2010

Os tiradores das portas da Ulloa: outros tipos






















































































































As veces, cando ves unha cousa unha e outra vez acabas por non darlle importancia. Noutras ocasións é precisamente esta repetición o que fai que nos fixemos nos detalles. Iso foi ó que pasou cando fotografei o primeiro tirador (foto 1). Ano tras ano, sempre polas mesmas datas, eu vía aquela porta e aquel ano eu leva unha cámara de fotos. Cando revelei a foto (daquela non tiña dixital) a peza pareceume aínda mais fermosa.
Uns meses mais tarde unha das miñas tías contoume como un "anticuario" lle quixo comprar o tirador da porta (non este senón outro que xa apareceu noutra entrada), contoume como xa comprara mais na aldea. Isto fíxome pensar e así comezaron as fotos dos tiradores.

Para rematar coas portas traio fotografías doutros tiradores que, aínda que non clasifiquei de ningunha forma, pódense dicir cousas deles. O tirador da terceira fotografía, por exemplo, e dos anos sesenta e coñezo tres pezas idénticas a esta. Os ferreiros que fixeron as pezas das fotos 4 e 5, teñen mais pezas da mesma feitura (como se a peza se fixese nun molde) pero os adornos son sempre únicos e polo tanto feitos a man. Por último nas fotos 6 e 7 vese o gusto dalgúns por decorar as pezas a base de puntos, puntillismo ferreiro podería dicirse.


Detalles de tiradores de Castro de Amarante, Fondevila, Gondoriz Os carreiros e Vilanuñe.
Antas de Ulla

4 comentarios:

Pedro Barreto dijo...

Very nice blog man!
Where´s this Ulloa? Couldn´t find on GMaps.

A Ulloa en fotos dijo...

A Ulloa é unha comarca, (algo semellante a un "distrito") de Galicia (Espanha).


Pincha aquí para ver onde está.


Saúdos para o Brasil

Angel Utrera dijo...

Noraboa.....outra vez o fixestes...Unha mais das miñas debilidades, os tiradores, chamadores das portas...Eu tamen cada vez que atopo algun mo levo para sempre, na miña camara...Xunto cos muros, e portas e unha das miñas reiterativas obsesions...
Grazas.

A Ulloa en fotos dijo...

Pois fai o inventario fotográfico de tiradores das portas de Agolada. Seguro que é mais doado que o da Ulloa, e se xa tes material mellor que mellor, pero anota sempre de onde é.

Sería fantástico.