Isto foi o que a forza de rebuscar atopei do cuarto desaparecido na Arxentina: Manuel Gómez Aguirre.
Manuel era natural de San Miguel de Penas (Monterroso) onde nacera o 7 de agosto de 1924. Emigrou a Arxentina. Estaba casado e tiña fillos. Era obreiro metalúrxico. Todo iso quedou truncado cando os militares ó secuestraron na súa casa en Villa Tesei, Morón, provincia de Bos Aires, un 14 de maio de 1977.
O seu caso foi presentado xunto co de outros 11 desaparecidos de orixe galego en xullo do 2006 ante o xuíz federal Daniel Rafecas nunha causa que investigaba as violacións de Dereitos Humanos na xurisdición do Primeiro Corpo do Exército.
Como non aparecían mais datos de Manuel, por mediación de Fermín Castro, púxeme en contacto con Lois Pérez Leira, o autor do libro "Galegos vítimas do xenocidio arxentino". El prometeume darme mais datos. Si Lois cumpre a súa palabra reescribirei esta entrada incluíndo os novos datos da infamia en Arxentina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario