miércoles, 24 de marzo de 2010

Os cabazos (cabaceiras, cabeceiras ou cabiceiras) da Ulloa : tipoloxía
















Fai un par de meses topei na rede co título dun artigo publicado na revista Narria (a revista que publica o Museo de Artes y Tradiciones Populares de Universidade Autónoma de Madrid), e digo topei co título porque o artigo en cuestión so é accesible en papel e polo tanto no se atopa na rede.
O artigo titúlase "Cabaceiros de la comarca de la Ulloa", está escrito por Mª del Carmen García Flórez e foi publicado no número 63-64 da citada revista en decembro de 1993.
Unha das cousas que chama a atención dese artigo é a distinción que fai entre "cabazo" e "cabaceiro" que, como se pode ver na ilustración que acompaña o artigo e que aquí reproduzo, basease en diferencialos segundo a súa base sexa circular ou rectangular. A verdade é que esta diferencia non é tal porque na Ulloa non existen cabazos de planta rectangular, o que si é certo é que os cabazos reciben varios nomes dependendo da zona, así pódense chamar cabazo, cabaceiro, cabaceira, cabiceira, cabeceira ou cabaz, palabras que derivan de cabas (cesto cilindrico). Ilustración de Mª del Carmen García Flórez. Na fotografía cabeceira en Albá. Albá. Palas de Rei Quero agradecerlle a Rosario Aguilera Rivera, secretaria do "Museo de Artes y Tradiciones Populares de Universidade Autónoma de Madrid", a súa amabilidade por facilitarme o exemplar da revista Narria do que se fala nesta entrada.
[A 24 de xuño de 2010, os do blog Friol: algo mais que pan e queixo veñen de publicar a foto dunha cabeceira rectangular que ¡aínda está en uso!]

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Está clariño que os teus ollos e mailos meus miran con moita similitude moitas cousas. Por máis que despois cada un lle dea o seu enfoque.
Para que vexas o que digo, mira:
http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/10/optica.html

(Os cabaceiros rectangulares feitos de corres e tapados con xestas non se prodigaron na Ulloa, tés razón; pero eu teño visto os restos dalgún pola provincia de Ourense).

Apertas

A Ulloa en fotos dijo...

Teño que cambiar a entrada porque atopei a foto dun cabaceiro rectangular que había en Fufín, e digo había porque agora xa non está.

Anónimo dijo...

Hai un rectangular na Ulloa no libro sobre Patrimonio de Palas de Rei, de Romy Rodríguez.
Saúdos.
Carlos Xesús Varela Aenlle

A Ulloa en fotos dijo...

Moitas gracias por ise dato, eu non teño a sorte de coñecer ese libro. Polo que vin é do 1996 e por aquelas aínda os había, agora mesmo non hai ningún en pé, ou polo menos ou non o atopei.

Gracias de novo polo dato, tratarei de atopar o libro para botarlle un ollo.
Saúdos dende A Ulloa

Anónimo dijo...

Teño o libro na casa, en canto poida escaneoche o cabaceiro.
Apertas desde Asturias.
Carlos Xesús Varela Aenlle

A Ulloa en fotos dijo...

Xa conseguín o libro! Iso si, en préstamo da biblioteca da USC ¡Encantoume! A mágoa é que so recolla o concello de Palas, se houbese recollido toda A Ulloa sería unha mina.
Foi unha sorpresa ver unha foto na que saía un dos meus tíos e a súa casa.

Venme moi ben o libro porque levo unha temporada recollendo fotos de palleiras e de valados e alí hai unhas clasificacións moi boas.

Moitísimas gracias por facer saber dese libro.

Apertas dende A Ulloa.


PD.: Dende que escribín esta entrada (que debería actualizar) vin xa fotos de media ducia de cabazos cadrados que houbo na Ulloa

Anónimo dijo...

É unha entrada magnífica. Na cuestión dos cabazos ou cabaceiros, etc. hai moito aínda que investigar. Eu teño abondas fotografías deles, os máis de Monterroso, pero tamén do concello de Lugo, Friol, Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, e datos moitos. Ás veces algúns fanlle algunha fotografía sen sabelo, como vin na rede hai pouco un rectangular en Abegondo, que xa non sei se estará. Tamén teño algunhas fotografías vellas de Carballal, Ligonde con eles ou Padrón, Caldas de Reis, etc. O que precisedes aquí estou. En Portugal aínda hai moitos e en Romania (onde traballei) tamén, Bosnia, Albania, etc. No número 20 da revista Raigame da Deputación de Ourense falo deles.
carlosaenlle@yahoo.com.br

Unha forte aperta.
Carlos Xesús Varela Aenlle

A Ulloa en fotos dijo...

As cabeceiras antigas están desaparecendo porque, como ven sabemos, teñen data de caducidade. Pola contra, co rexurdimento do cultivo do millo neste últimos anos, están aparecendo exemplares novos nos tres concellos da Ulloa.
Agora mesmo penso que o importante é que non se esqueza a técnica e que sexa coñecida e aplicada polo maior número de xente posible.

Tratarei de conseguir ese número da revista.

Gracias de novo polo datos.

Apertas dende A Ulloa.