martes, 9 de marzo de 2010

Os ulloáns desaparecidos na ditadura Arxentina
































Nas primeiras liñas da placa di: "Na memoria de Ramón García Ulloa e Dolores Pilar Iglesias. Emigrantes galegos desaparecidos na Arxentina o 6 de Outubro de 1976. Vítimas do xenocidio e do terrorismo de Estado".
A placa está pendurada na fachada dunha casa de Castrillón, na parroquia de San Martiño de Vilapoupre. Teño pasado por diante delas moitas veces, teño parado diante a lela ou a ensinarlla a calquera que nese momento me acompañe, pero en todos estes anos nunca lle fixera unha foto ata fai tres semanas.
Eu coñecía o caso de Rubén Castro, que xunto con Ramón e a súa muller sumaban os tres casos de ulloáns desaparecidos na Arxentina. Estiven estas semanas a procura de mais datos e atopei outro nome mais: Manuel Gómez Aguirre.
Non atopei mais nomes, pero si unha serie de relatos sobre o que aconteceu cos nosos veciños en aqueles días no que o demo fíxose carne, deixouse crecer un bigote e chamáronlle Videla.

Detalles da placa e da súa situación na fachada da casa.
Castrillón.
Parroquia de San Martiño de Vilapoupre.
Antas de Ulla

1 comentario:

Algalia dijo...

Eses relatos prometen e seguramente aportan un pouco de xustiza, aínda que só sexa polo feito de sacalos á luz.