lunes, 29 de marzo de 2010

Os cabazos (cabaceiras, cabeceiras ou cabiceiras) da Ulloa : construción























































































































A mellor época para facer unha cabaceira son os meses de xaneiro e febreiro xa que é antes da primavera cando as varas (ou corras) son mais flexibles pois a sabia aínda non subiu. De feito, foi a finais do mes pasado cando topei cun cabazo a medio facer, na aldea de Seixós (Monterroso).
Este cabazo está feito con un entretecido de corras de castiñeiro (penso que tamén con algunha vara de salgueiro) e, como se ve nas dúas primeiras fotografías, empregaron listón de pino (podería ser bídalo) para facer a estrutura do tellado, tellado que despois foi recuberto con palla, aínda que hai quen os recobre con xesta.


Nas fotografía detalles do cabeceiro durante a súa construción.
Seixós.
Monterroso

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un documento gráfico que vale un potosí. Non hai ocasións de poder ver de primeira man na actualidade a construcción dunha cabiceira. Parabéns polo achado e graciñas por compartilo.

Apertas

Angel Utrera dijo...

Estou totalmetne dacordo con Xose Luis.
Dende logo, tes os mesus parabens, proque tanto este trabllo como o dos desaparecidos, na Argentina, son fantasticos
Noraboa, xa sabes que tes a miña estima.
Unha aperta

A Ulloa en fotos dijo...

Gracias polos parabens os dous.

O tema das cabaceiras aínda non rematou, seguirei escribindo sobre eles nos próximos días.

busto.agolada dijo...

Etnografía de primeiro calibre! Coincido cos comentarios dos meus amigos Chousa e Utrera, pola oportunidade e singularidade do feito de ver construír un cabaceiro.
Mil apertas.

Algalia dijo...

Hai xente nova capaz de facelos?

A Ulloa en fotos dijo...

A xente que os está facendo ten entre 50 e 70 anos, aínda que si hai xente nova que está aprendendo a facelos, de feito, tanto en Albá (en Arqueixal)como en Ramil (na aula da natureza que ten Adega) houbo talleres para facelos.

Anónimo dijo...

Xente nova.... bueno! La persona que lo ha hecho tiene ahora 67 años! Ahora mismo esta cabaceira está rodeados de flores y luce mucho!!!
Gracias por haber puesto las fotos y por los comentarios, a mi padre le ha hecho ilusión os lo aseguro.