Resistindo ó abandono como ninguhas outras, érguense as pedras do antigo Balneario das Augas de Frádegas. Descoñezo a data na que foi feito por pero xa en 1877, Nicolás Taboada Leal fala del no seu libro "Hidrología Médica de Galicia. Noticias de las aguas mineromedicinales de las cuatro provincias de este antiguo Reino", onde di que ten unha clientela de unhas 500 personas ó ano e engade que noutro tempo eran mais concurridas. No 1890, Cecilo Neira Nuñez , catedrático de farmacia da Universidade de Santiago, escribe un artigo titulado "Noticias de las aguas mineromedicinales de Frádegas (Antas, Lugo)" onde expón os resultados das súas analises da auga.
O balneario, que na súa primeira época era propiedade dos señores do Pazo de Leilón e xa no século pasado foi vendido ó "Roxo de Cabana" (pai dos actuais donos, os irmáns Santos Barros), está formado por varias edificacións unidas entorno dun patio central. Accédese polo único espazo que non pecha o patio, entre o edificio onde estaba a capela (entrado á esquerda) e a vivenda principal. Na planta baixa desta última, e ocupando un lugar central, atópase a fonte das augas axofradas (sulfurosas) e, nos edificios do lado contrario, pódense ver (aínda) á caldeira e os restos das salas de baños.
Deixou de funcionar na segunda metade da década dos sesenta por falta de clientela.
Vista xeral dos edificios e fachada traseira.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.
Atravesa o espello cara A outra Ulloa
Vista xeral dos edificios e fachada traseira.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.
Atravesa o espello cara A outra Ulloa
8 comentarios:
Tenme moito olliño andando por alí dentro; que un día destes a alguén (e tamén pode ser a min) vainos caer enriba!
Cando eu era neno sempre me parecía que esa auga era feite con ovos podres. Segue cheirando igual; pero cada vez que vou alí (semella un ritual), non podo evitar polo menos mollar os labios nelas...
A verdade é co deterioro vai a paso de xigante.
O ano das chuvias, o 2000-2001, cando pasou chovendo oito meses seguidos (dende outono a maio) fixo estragos nel. Foi o ano que caeu o teito da capela, o ano no ca auga do Ulla pasaba polo patio porque a estrada rompeu na entrada(aínda segue igual). Daquelas aínda as táboas do primeiro piso non estaban podres, agora xa nin se me ocurre pisalas.
Eu acordo cando a ponte (agora de cemento) era de madeira e a pista que ven de Frádegas era camiño de terra. Todo cambia. Os lugares abandoados tamén.
Recentemente levei un amigo ata a zona do balneario dende sambreixo,gustuoulle moito,e casi seguro que no mes de Maio levemos a asociacion O coto de andaina por a zona do BALNEARIOE AS TORRENTES PARA REMATAR EN PAMBRE.
SAUDOS
Ademais da visita ó balneario, recoméndovos ver o muiño e a tosta da súa presa (teño que facer unha entrada sobre o muiño, a ver se vai nesta semán). Como di o Chouso, tende cuidado no balneario, e non subades ó primeiro piso porque as táboas están podres. Se queredes algunha suxerencia mais escribídeme o meu correo de contacto:
aulloaenfotos@gmail.com
Saudos.
Por certo, non sei da vosa asociación.
Esquecinme: se ides a facer esa ruta a pé, recoméndovos que empecedes en Pambre, baixedes ata ponte de Mácara e dende alí subades ó río ata o balneario. OLLO! o paseo polo río pode ser perigoso porque hai tramos nos cas pedras poden esvarar ó estar humidas. Levade auga dabondo (no río non atoparedes onde beber). Andando pode levaros (dende Pambre) unhas catro horas indo a bo paso, pero podes calcular mais se vos parades nos pozos das Torrentes.
Saudos
Xa fixemos a ruta dende sambreixo
está posta aqui
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=294665
pero queriamos facela lineal dende Santa Mariña pero non sabemos como chegar a o rio ulla dende alí.
saludos
Estiven a ver a vosa ruta. Moi boas as fotos. Eu houbese feito a ida por Pambre-Torrentes-Fradegas e a volta Ramil-Mácara- Vilariño porque a subida dende as Torrentes a Pambre ten ó seu e, na volta, xa un vai mais cansado.
Supoño que co de "facela en lineal" refireste a empezar en Santa Mariña e rematar en Sambreixo.
Escribeme o correo e detalla mellor que é o que queres porque hai varias maneiras de chegar o Ulla: por Toande, por Vilariño o indo cara a Frádegas e despois hacia ó balneario.
Espero novas
Deixádevos guiar por A Ulloa en fotos. Sabe de que fala.
Publicar un comentario