viernes, 27 de marzo de 2009

A Ponte do Rolo de Castro de Amarante















































Ó pé do Farelo está Castro de Amarante, e dese monte (o meu monte) baixan regatos que na aldea se chaman ríos.
Para que non se me esqueza escribo nesta entrada o que me dixo Teresa Varela Carnero sobre as sete pontes do Castro.

"No Castro hai sete pontes:
  1. A PONTE DA LAMA, xunto ó muíño de Pérez, que tiña unha barrandilla de pedra que fixo ó papá e que tiraron cando sacaron os pinos do Farelo porque non daban pasado. E as pedras inda están no río.
  2. A PONTE DO ROLO, que se chama así porque as pedras, de tan gastadas, arrolaban, e tamén porque ó muíño vello chamábanlle Do Rolo.
  3. A PONTE DAS TABLAS, que vai polo Camiño Real e antes tiña tablas. Xa pasada a ponte, no Camiño Real están enterrados os cordós umbilicais dos irmáns da Casa Varela, para que tivésemos boa memoria.
  4. A PONTE DA CARRETERA, a da nacional, que tamén tiña barrandilla de pedra onde nos sentábamos.
  5. A PONTE RECECENDES, que tiña pasos de pedra antes de facer a ponte nova.
  6. A PONTE DOS AVINEIROS, por debaixo da Casa do Quinteiro e que tamén é de pedra.
  7. E, A PONTE DO PONTILLÓN, indo pola carretera cara a Ponte do Estanco."
Aquí quedan as palabras de Teresa como proba da boa memoria dos irmáns Varela.


Detalles da Ponte do Rolo.
Castro de Amarante.
Antas de Ulla


4 comentarios:

Friol dijo...

A verdade é que tes unha capacidade produtiva envexable.
Felicidades.

A Ulloa en fotos dijo...

Esta entrada é especial. Teresa e os seus irmáns contáronnos tantas historias...Esto é recuperación da Memoria Histórica (con maiúsculas).
Nesa ponte, cos pés rozando a auga, aprendín a coller cabaliños do demo. Dende esas xa choveu...

Chousa da Alcandra dijo...

Sete pontes ten o Castro...case tantas como irmáns Varela...; seguro que non quedará outra ponte agochada entre os aveneiros?

Unha testemuña ben interesante a que recolleches de Teresa.

A Ulloa en fotos dijo...

Non pensara eu neso. Dende que morreu Otilia, fai dous meses, son sete irmáns.