martes, 10 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas II




























A xente segue achegándose ó balneario a coller auga, por iso o acceso a fonte é, prácticamente, o único espazo do patio libre de silvas.
O que mais chama á atención dos novos visitantes é ese cheiro a ovos podres tan característico das augas axofradas, que desaparece cando leva uns poucos minutos dentro dunha botella. Esta auga, bebida, era empregada para problemas do aparato dixestivo e do fígado (descoñezo como lle iría isto os riles). En baños empregabase para problemas da pel (soriasis, por exemplo) e para a reuma.
Podedes atopar unha analise química da auga (feita en 1994) e mais detalles do balneario na páxina www.esgalicia.com.

Porta de acceso á fonte e detalle dos caños.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa ó espello cara A outra Ulloa e mira tralas fiestras

2 comentarios:

A Ulloa en fotos dijo...

Por certo, eu tamén bebo desa auga, pero sobre todo, o que fago, e lavala cara con ela.

Chousa da Alcandra dijo...

Basicamente eu tamén; que...non hai raio que a dea metido no padal!!!