A miña intención era colgar as fotos da canle vella o mes pasado, pero coa suspensión do Campionato de Kaiak os meus plans reviráronse. Cumprindo ó prometido, aquí están.
A primeiros dos anos 20 do século pasado, á familia García Ouro de Leilón (os do balneario de Frádegas) teñen unha concesión para a construcción dunha canle de derivación de augas (coa finalidade de aproveitar o desnivel do terreo) para xerar un salto onde produccir enerxía eléctrica.
No ano 26 a canle, cunha lonxitude de mais de un quilómetro, está feita, pero nunca chega a echerse, en parte polos derrumbamentos e, supoño, que a outra parte estivo na morte do dono da concesión. No ano 30 a concesión é vendida pola viuda de Julio García a Ascensión Santos, pero a central nunca se chegou a construir.
A día de hoxe o muro da canle resiste na maior parte do seu recorrido e da a impresión de ser un camiño (ben ancho, por certo) a beira das Torrentes do Ulla.
Entrada da auga á canle e detalles do muro da canle.
Marxe esquerda do Ulla frente a Palas de Rei.
Agolada

O interior da canle na Outra Ulloa
1 comentario:
Mui boa explicacion,cando fixen esa ruta me imaxinei que era una levada pero non sabia pra qué,tamen viu outra que me chamou a atencion que esta na estrada dende o castelo de Pambre a Sambreixo.
saudos
Publicar un comentario