lunes, 26 de enero de 2009

O Muiño de Illoá

























O poder da auga na Ulloa queda patente nos 290 muiños que nestas terras chegaron a existir. Na actualidade non chegan á veintena os que aínda funcionan.

Moi preto dunha das fontes das que nace o Ulla atópase o muiño de Illóa, un dos que sigue a empregarse para moer, aínda que só para uso dos seus donos. A gran curiosidade deste muíño reside na súa canle, xusto no seu último tramo ten un engadido para encorar auga. Este recuncho empregábase para poñer a remollo o liño unha vez era recollido, despois extendíase ó sol no prado que aínda hai o seu carón.

Vista xeral do muíño e detalle da parte final da canle.
Illoá.
Parroquia de Balboa.
Monterroso.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Os muiños foron a "industria" da nosa bisbarra (e dunha boa parte da Galicia interior).
Curiosamente sempre se puxo en duda a honestidade dos muiñeiros, estando sempre baixo sospeita de que cobraban máis da maquía que debían. Así quedou aquel dito de que "Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón". Estou convencido de que nunha boa parte dos casos eran sospeitas infundadas.

É ben interesante ese aproveitamento que dis que se facía da canle do muiño de Illoá.

A Ulloa en fotos dijo...

Este muiño é do ano 1892 é era maquieiro no seu tempo. Coñezoo dende a infancia. Se falas con Julio, o dono, contarache onde sebraban, como os nenos (Julio e os seus irmáns) tiñan que sacar as malas herbas, a recollida, o clareo e a seca. Os outros procesos xa os facían as mulleres, coma sempre...

christtinita dijo...

Ainda q nesa foto non se ve ben, ou non é exactamente o q eu penso, ese espazo para encorar a auga noutras zonas chamase "cubo" e utilizabase para reservar auga para moer e poder alimentar muiños de varias rodas. Pero ó mellor non é o qur ti amosas na foto.
Saudos. Un blog moi bó!

A Ulloa en fotos dijo...

O espazo ó que me refiro é o que se ve a esquerda na fotografía. O da dereita é ese cubo que ti dis.

Grazas polo parabéns e volta cando queiras. A porta esta aberta.