miércoles, 21 de enero de 2009

Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante

























Xa me tardaba subir fotos do pazo de Santa Mariña.
Edificado a primeiros do século XVI, contén a balaustrada de pedra mais grande de toda A Ulloa, de feito fai tempo leín dela que, cando se estaba a construir, a Casa Real mandou que se acortara o número de balaustres para que non competira en grandeza coa balconada que a propia Casa Real tiña en Galicia. Non sei que ten esta historia de certo pero aí queda.
Impresionantes tamén as chimeneas (imaxinade qué lareira!).

Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Non hai duda de que é unha das construccións senlleiras, non so da nosa comarca, senón tamén de Galicia enteira.
(A mágoa é que teña tantos propietarios e que o seu estado sexa o que é...)

Saúdos

A Ulloa en fotos dijo...

Para min a mágoa son os ladrillazos que salpican a parte dun dos propietarios (xa sabes...). Outra das mágoas é non poder subir a ese balcón e ver a Ulloa dende alí.
Ah! e non poder ver a cambota desa lareira.

ovella dijo...

Bonitas fotos.Fermoso blog.
Oye...y donde dices que es ese lugar tan encantador?En Galicia?
A ver si un dia me paso...
JAJAJA.
grazas por anunciar o noso blog.faremos o mesmo.
bicos.

A Ulloa en fotos dijo...

Grazas por nada. Se sabes de alguén mais da Ulloa que se queira anunciar avisa.

Espero que cando remate a vosa votación sobre os títulos das fotos do voso blog poñades a lista definitiva.

Coidadevos. Bicos

amparo dijo...

unha páxina xenial, está claro que na ulloa hai un fervedeiro de xente con cousas que decir e facer,e do contorno natural nin que decir ten, ¡qué sorte¡ o digo eu que vivo nun espazo rural moi apalancado en vellas estructuras ainda que os que as promoven son novos. Saúdos para toda a comarca, apertas ós colegas de Milhulloa.

A Ulloa en fotos dijo...

Vaia. Que sepas, Amparo, que ti tamén es africana. Nos somos de Uganda, xusto, xusto no centro de Africa. Como dicía Antón Reixa: "Abdull, vente para Europa".

Gracias por visitar esta pequena Ulloa.

As apertas para os Milhulloa serán dadas.