Din cos cabazos eran os hórreos dos pobres, bendita sexa a beleza das cousas humildes!
Cunha estructura moito mais sinxela e moito menos duradeira cos hórreos graníticos, empregábanse (e aínda se empregan) para gardar o millo.
A estrutura facíase entrelazando corras de salgueiro ou mimbio, enchíase coa colleita e tapábase cun tellado feito de palla de centeo, as veces, recuberto con xesta. As mazorcas íanse sacando, segundo a necesidade, por unha pequena porta con trapela que se deixaba na parte mais baixa.
Pódense ver nas aldeas do interior da comarca, aínda que cada vez son mais escasos porque o tempo non perdoa e as mans dos que sabían facelos vanse esvarecendo.
Cabazo e detalle do trenzado.
Pidre.
Palas de Rei
Atravesa o espello cara A outra Ulloa

6 comentarios:
Pola zona de Antas era máis utilizado o nome de cabeceira ou cabiceira.
Esa que recolles de Pidre é o prototipo ben definido da nosa zona. Suspendida sobr esteos de pedra (en ocasións eran de madeira).
Un dos problemas que adoitaban acusar estes secadeiros de millo (finalidade idéntica á dos hórreos) era que estaban pouco elevados do chan e moitas veces os ratos alcanzaban as plataformas sobre as que se asentaban...
Vaia, eu creía que as cabeceiras tiñan unha planta mais estreita que os cabazos.
Gracias pola información.
Descoñecía a existencia destes cabazos, por aquí non se estilan.
Unha aperta.
¡Vaya sorpresa! Todavía quedan algunos de esos "mini-hórreos".
Precisamente en Pidre, fotografié uno parecido allá por 1987 -antes de ayer, como quien dice-. Y no los he vuelto a ver, por otras partes de Galicia.
Una pena que se pierda ese trozo de patrimonio cultural, que debería estar protegido tanto como los templos.
Salud y fraternidad.
Sí, deberían estar protexidos ou polos menos deberían darlle algunha clase de incentivo os donos para que non os deixen caer, o certo é cos que siguen en pé resisten porque síguense a empregar, pero, ¿qué pasará con eles cando a xente maior do rural xa non estea?
Certo o que dicides, é unha mágoa que un tipo de construción que vén de moito máis atrás ca romanización os deixemos perder.
De tódolos xeitos por Palas adiante aínda non hai moito fotografei un -se non me confundo na parroquia de Merlán ou Augasantas.
En Friol aínda se lle pode botar o ollo a algún pola zona de Miraz
Publicar un comentario