Descoñezo o porqué, o certo é que nas parroquias do primeiro tramo do Camiño de Santiago os hórreos teñen uns fermosos respiros. Neste, o mestre canteiro, tivo a curiosa idea de gravar una serpe.
Hórreo de Vilaxoán.
Parroquia de Lestedo.
Palas de Rei.
(Chouso, este vai para ti, que xa sei que tes debilidade polos hórreos. E tamén para miña irmá, gústame pasear contigo)
Hórreo de Vilaxoán.
Parroquia de Lestedo.
Palas de Rei.
(Chouso, este vai para ti, que xa sei que tes debilidade polos hórreos. E tamén para miña irmá, gústame pasear contigo)
1 comentario:
Había canteiros (e os donos que os encargaban) que eran verdadeiros sibaritas, recreándose nos adornos que facían nos hórreos.
Os motivos animais (sobre todo o das cobras) teñoos visto con frecuencia en algunhas outras pezas da nosa bisbarra.
Este que amosas, alomenos o costal que se ve na foto, é ben atractivo; tanto polo traballado dos respiros como as propias albardas que case fan un arco de medio punto.
Publicar un comentario