Ata onte, eu cría que en Verín había un peto das ánimas, pero lendo un libro de Fernández de la Cigoña souben da diferencia entre peto das ánimas e esmoleiro.
As construccións poden ser similares, pero o peto contén no seu interior un retablo no que se representas as ánimas penando no Purgatorio ou no seu defecto unha inscrición que faga referencia expresa a elas, contén ademáis un caixón para as esmolas que se aplican a salvación destas. Pola contra, o esmoleiro, contén unha imaxe de Cristo, a Virxe ou dun santo, e pode ter, ou non, caixón.
Segundo este libro, "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo", o de Verín foi feito por orden de Manuel García Oro nos primeiros anos do século XX e pertence a casa que atopa case o seu carón. No seu interior había unha imaxe de San Roque ou San Antonio (santos agrícolas por excelencia) que foi roubada e que xa non se atopaba nel no ano 1975.
Deixo así correxida a entrada do Peto das ánimas.
Esmoleiro de San Roque de Verín.
Parroquia de San Lourenzo de Peibás.
Antas de Ulla

2 comentarios:
Esta matización (que vexo tan documentada) faime lembrar os meus tempos de monaguillo na parroquia de San Xoán de Antas.
Resulta que un domingo que faltaba o sacristán (por aquel entón o Sr. Antonio de Fidalgo), e Don Maximino encomendoume o labor de recoller as esmolas entre os fieis. Empregábaes para tal menester un "cepillo" que consistía nunha caixa de madeira cunha asa polo medio e despois media ducia de ranuriñas cadansúa con un nome de santo gravado en baixorelevo e pintarruxado de cor branco.
Cando ía recollendo os cartos decíanme "esto para San Antón", "esto para as Ánimas", "esto para San Xoán"...eu toleaba para ir colando as moedas polo burato de cada santo; ata tal punto que me levou tanto tempo a tarefa que cando rematei xa estaba Don Maximino dando a bendición. De xeito e maneira que entramos os dous xuntos na sacristía. Pousei o cepillo enriba da mesa e o meu mundo caeume ó chan cando o cura levanta unha das tapas que tiña a caixiña e observo anonadado que o interior non tiña departamentos para cada santo; senón que era todo unha mesma unidade na que se xuntaban os cartos todos!!!.
Vaia, eu tamén acordo esa caixa de madeira cos nomes dos santos e é decepcionante saber que era unha farsa. Ves, por eso sempre soaba a baleiro cando botabas os cartos...
Publicar un comentario