viernes, 23 de enero de 2009

Kaiak 2009















O próximo 7 e 8 de febreiro celebrase de novo o Campionato Galego de Kaiak Extremo nas Torrentes do Ulla.
Aquí tedes unha foto dun dos participantes do ano pasado no tramo do Cachón das Pequeiras. Esta foto está sacada dende a cima da vella canle (no veciño concello de Agolada), unha espectacular construcción feita a mediados dos anos vinte que tiña como fin levar a auga para o seu aproveitamento eléctrico a unha central que nunca se chegou a construir. A diferencia do proxecto de Fenosa, esta canle non encoraba a auga, senón que desviaba unha pequena parte do cauce mantendo a altura inicial ata quilómetro e medio mais abaixo, aproveitando alí unha caída de mais de cen metros.
Para febreiro colgarei as fotos da canle e xa diredes que vos parece.

As Torrentes do Ulla.
Agolada-Antas de Ulla-Palas de Rei

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un exemplo que reflicte ben ás claras como se pode facer un aproveitamento enerxético sin ser agresivo co entorno.

O do kaiak extremo é moito para min. Eu con facer as fotos dende a beira xa me dou por satisfeito...

(E tamén che quedou moi chulo o teu boneco de neve eh; case compite co meu "chousón" jajaja).

Unha aperta

A Ulloa en fotos dijo...

Ei, acabo de ver o teu "chousón" coa súa chousiña tan pequeniña o seu carón. Fixéchelo ti? O meu pilleino desprevenido o pasar pola Pedriña.

Qué nevada mais bonita a do martes! Pero dame tanto medo andar pola estrada así...

Xose dijo...

Xa coñezo as "excelencias" da Antas de Ulloa. No Martiño tedes un bo embaixador.
Saúdos

A Ulloa en fotos dijo...

Non é Antas de Ulloa, senón de Ulla.
A Ulloa é a comarca da que forma parte Antas de Ulla xunto cos concellos de Monterroso e Palas de Rei. ¿Non se nota eso neste blogue?