domingo, 11 de enero de 2009
Castelo de Amarante
Derruído polos Irmandiños e reconstruído no século XV (probablemente a finais de século) conserva da estructura orixinal unha estructura ovalada a modo de pequena muralla. A destacar do seu exterior o balcón pendurado sobre ménsulas escalodanas na esquina do que, no seu tempo, debeu ser un torreón. Preto deste balcón atopase unha especie de garita semicircular que, lexos de ter unha función militar, era empregada como (podes rir) cagadeiro.
Recentemente foi restaurado.
Detalles do exterior, caras leste e norte.
Amarante.
Parroquia de San Martiño de Amarante.
Antas de Ulla.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Si señor, un cagadeiro co asento de pedra e un furado cara o esterior. Debía dar un frio...
(E pobre do que estivera por baixo!!)
Ora vê:
www.cm-amarante.pt
Sí xa sabía do voso Amarante irmán, fai anos topei publicidade do concello nunha feria de turismo que se fai en Silleda (Pontevedra), pero confeso nunca estiven alí, o mais preto que cheguei de Amarante foi a Guimarães(marabilloso!).
Saúdos
Publicar un comentario