martes, 12 de enero de 2010

Curuxás e a guerrilla antifranquista na Ulloa










































Durante estes días de Nadal estiven lendo o libro de Carlos Parrado "Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco". Este libro fala da vida de Ramón Rodríguez Varela, coñecido polo alcume de Curuxás, pero tamén relata a actividade e as accións desenvolvidas polo grupo da guerrilla do Alto Ulla dende o final da guerra civil ata a morte, en 1946, do seu último xefe: Benedicto Fuentes Díaz "Foucellas".

Ramón Rodríguez Varela,"Curuxás", naceu no 1905 en Vilamor (Toques), pero con 11 anos os seus pais múdanse a Pambre para traballar como caseiros na propiedade do castelo de Pambre. Os 18 anos vai cos seus pais a aldea de Curuxás ( a escasos 3 quilómetros ó nordeste de Palas) e e deste lugar de onde lle ven o seu alcume.
Con 23 anos casa en Vilareda (Palas de Rei) con Marcelina Costa, natural de San Xiao do Camiño. Para manter a crecente familia traballa de canteiro, peón, carpinteiro, encofrador e, no 1934, de mineiro nas minas de San Finx, no concello de Lousame (A Coruña) onde se afilia o Sindicato Mineiro de Lousame adscrito a CNT. Nesas minas traballaba en xullo de 1936 e dende os primeiros momentos forma parte da resistencia ó golpe de estado que da paso a Guerra Civil. En abril do 37 volta A Ulloa, á casa de San Xiao do Camiño.
A finais de maio do 37 e declarado en rebeldía por non comparecer no Xulgado de Noia por un delito de roubo (na mina de San Finx) e posesión de armas.
Vive con relativa normalidade en San Xiao ata marzo do 38, cando un continxente de garda civís de Melide, Monterroso, Palas de Rei, Taboada e Antas de Ulla, reforzado con falanxistas destas poboacións, intentan sorprendelo antes da saída do día, na súa casa. Curuxás logra fuxir e así empeza o seu tempo de fuxido e a súa lenda.

A Curuxás nunca lograron prendelo (por mais que o intentaron en moitas ocasión) en parte porque era axudado e protexido polos seus veciños, en parte porque a garda civil non tiña ningunha fotografía súa para identificalo. Viviu acubillado na casa de familiares, amigos, protectores e na súa propia ata a súa morte en maio de 1967. Morreu de hemoptise (enfermidade pulmonar derivada do seu traballo nas minas) na casa dun veciño de Irago de Abaixo (Toques), o pé dos montes do Careón. Este veciño, xunto con outros colaboradores de Curuxás, decidiron cruzar o monte co cadáver co fin de deixalo na Ulloa e que así fosen as autoridades de Lugo quenes levasen as dilixencias. O caso foi que, entre os 120 quilos do morto e a choiva do día anterior, acabou o pé dun camiño a escasos quilómetros do lugar onde morreu.

Como xa dixen, este libro non so conta a vida de Curuxás. Nas súas páxinas tamén aparecen outros personaxes (roxos e fascistas) da Ulloa: José Ouro Arias "Ouro de Leilón", Alfonso de Xeré, Jesús Pacín Rodríguez "o Roxo de Cabana", Antonio Mera, Cesáreo Bermejo "de Santa Mariña," Verísimo García López "Verísimo de Barreiro", Constantino Grandío "o médico de Palas"... e moita outra xente que coa súa testemuña axudou a Carlos Parrado a deixar escrito un anaco da nosa historia recente.


Portada do libro na que aparece unha fotografía de Curuxas morto sobre un carro de vacas.
Única fotografía que se conserva de Curuxas vivo sacada do libro.

8 comentarios:

A Ulloa en fotos dijo...

Sería curioso preguntarlle a Curuxás sobre como foi a súa vida dentro do castelo de Pambre. Se chega a pasar dous anos mais vivindo alí ata podería saír na foto de Pambre de Ruth Anderson.

¡Qué cousas ten a historia!

carlos dijo...

Noraboa polo teu blog. Encántame. Son profe de historia no Ies de Monterroso, e parte do traballo Historia dunha fotografía. Co tempo irei colgando máis fotos. Grazas polo voso apoio.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu voume apuntar ao carro da gloria desta publicación de Carlos Parrado; xa que cando o autor andaba documentándose sobre as andanzas de Curuxás por Antas, conctactou comigo e tiven a ledicia de coñecelo e presentarlle a algunha das persoas que se citan no libro.
(Todos temos dereito a un minutiño de gloria ou qué carallo!).

Apertas

Por certo, xa teño totalmente identificada a fotografía que recollía unha voda en Vilasante e que ti me dixeches o camiño para poder vela :-)

Chousa da Alcandra dijo...

E falando de Roma...mira estoutra entrada no mesmo recantiño:

http://bibliotecaiesmonterroso.blogspot.com/2010/01/historia-dunha-foto-malla-por-paula.html

Están facendo un bo traballo estes rapaces eh!
Sería esta a máquina de mallar de teu avó?

A Ulloa en fotos dijo...

Ten gracia. Abro o correo e atopo dous comentarios que sen sabelo están enlazados.
Carlos é o profesor que vai animando os seus alumnos contar a "Historia dunha fotografía".
Eu tamén estiven investigando sobre a fotografía de Vilasante e sobre ese xerador que aparece na foto, dixéronme que era de alguén da Cervela (non recordo o nome agora). Esa foto é unha xoia da nosa "memoria histórica recente".

Por se a alguén lle interesa aí vai o enlace para vela:

Historia dunha foto: O Xerador por Lucía

Chousa da Alcandra dijo...

Pois, según a información (moi fidedigna que teño) ese xerador era do mesmo lugar de Vilasante.
En realidade era un motor para mallar; pero en ocasións como esta enganchábanlle unha polea (que se pode ver na foto) para mover unha dinamo e...voilà: facíase a luz

Xa che contarei máis polo miudo.

E si, tés razón, esa foto é magnífica.
Hai que felicitar aos alumnos e a ese profesor por dinamizar tan maxistralmente esta iniciativa.

aopedofarelo dijo...

Noraboa os tres.....Facedes Mais grande do que xa é a Ulloa,
¡Magoa que seguidos ao Outro lado do Farelo¡. Pero todo non pode ser...
De calquera xeito e grazas a vos, Eu valoro, coñezo e aprezo cada dia mais este fermosisima comarca.
Xa non é so o DEza.
Por certo, Xa estiven en Coruña, visitando a exposicion de Ruth....¡que envexa¡. Eu xa coñecia algunhos dos seus traballos, pero e que son maravillosos....¡Quen poidera coller o macuto, e as chirucas ¿Verdad Chousa...?, e marchar por ahi e o banco que lle dean....
Enfin.
Por certo, conto con vos para potenciar o noso traballo ca Banda de Musica, agora que me embarquei nesta tolemia da presidencia...

ANTONIO dijo...

por favor, el nombre de foucellas es benigno andrade, teneis mucho sobre el en la red, el fue asesinado, su espiritu......vive, y gracias por recordar a los asesinados a manos fascistas