jueves, 14 de enero de 2010

Os "paseados" na Ulloa
































Coñecese polo nome de "paseados" as persoas liberais, esquerdistas, masóns ou "ausentes de misa" (ou sospeitosos de selos) que os grupos falanxistas transportaban nos seus vehículos ata lugares as beiras das estradas onde os remataban a tiros.
Lendo o libro de Curuxás, atopei un anaco no que di: "Moi ben logo de chegar, Varela [refírese a Curuxás] é informado de que o seu protector, Xosé Ouro Arias, Ouro de Leilón, o notario de Palas de Rei, tamén andaba fuxido desde o 14 de agosto de 1936. Data na que, a carón da aldea de Saa, Palas de rei, apareceran os cadáveres de dous homes (que resultaron ser os do pintor Camilo Díaz Baliño e o seu compañeiro Sixto Aguirre), asasinados por falanxistas dos concellos de Arzúa e Santiago. Secuaces doutros fascistas dos concellos de Palas de Rei e Antas de Ulla". Despois lembrei o monolito que hai na estrada que vai de Palas a Melide (fotos 1 e 2) que foi erguido alí o pasado día 14 de agosto do 2008, na memoria destes dous homes.

Segundo os datos, que a día de hoxe, o proxecto Nomes e voces (formado polas tres Universidades Galegas e a Xunta de Galicia) ten expostos na súa web, na Ulloa houbo tres "paseados", e estes son:

Alejandro López y López, de 24 anos e labrego. Natural de Paradela (Lugo) e veciño de Espiño (Paradela-Lugo). Apareceu morto o 11 de agosto do 1936 na estrada de Rubián a Palas de Rei en Remesar.

Sixto Aguirre Guarin, de 31 anos e médico. Natural de Rianxo (A Coruña) e veciño de Santiago de Compostela. Apareceu morto 0 14 de agosto de 1936 na estrada de Palas de Rei a Melide no lugar de Saa.

Camilo Díaz Baliño, de 45 anos e artista. Natural de ferrol e veciño de Santiago de Compostela. Apareceu morto xunto a Sixto Aguirre. Dicir que Camilo e o pai de Isaac Díaz Pardo.

Segundo os datos de Nomes e voces non houbo paseados ulloans, pero non revisei os datos dos fusilados, onde supoño que si haberá nomes da Ulloa.


En recordo dos homes e mulleres da Ulloa mortos, encarcelados, represariados e perseguidos pola ditadura franquista van estas palabras.


Detalles do monolito en recordo os "paseados" Camilo Díaz e Sixto Aguirre.
Saa.
Parroquia de San Pedro de Meixide.
Palas de Rei



3 comentarios:

latorredelossueñosesmeralda dijo...

E curiso, fai case unha semana apenas, dando un pasediño por Quian, con Pintor, estivemos precisamente falando destes "paseos", e de como Avelino Poua Antelo, axudou a mais dun a localizar os restos dos pais desaparecidos...
Che recomendo o libro de Xabier Quiroga, .-"O Cabo do mundo"...se estas interesado nestes temas.
a Min gustoume mais ca do Curuxás, ainda que tal vez é mais novela...ten mais de invenciòn, baseada nunha realidade incuestionabel.

A Ulloa en fotos dijo...

Precisamente foi Avelino Pousa Antelo quen se desprazou A Ulloa, acompañado de outra xente que non podo nomear porque non coñezo, para saber dos restos de Camilo e Sixto, pero o cura de San Pedro de Meixide non lles soubo dicir onde en que sitio do camposanto estaban enterrados. Por iso, finamente, puxeron o monolito no lugar onde os remataron.

aopedofarelo dijo...

Efectivamente, contounos Pintor a historia.....