viernes, 22 de enero de 2010

Historia dunha fotografía

















"Historia dunha fotografía" é o nome do proxecto de recuperación da nosa historia, a través das fotografías antigas que os alumnos de 1º de BAC do IES de Monterroso aportan. Carlos Seara, o profesor de Historia, leva xa dous cursos coordinando este traballo.
Descubrín o proxecto fai un mes, cando de casualidade atopei o blog da biblioteca do centro "A Vacaloura", pois é neste blog onde as fotografías e o texto que cada alumno escribe en relación coa imaxe, mostrase portas afora do IES. Así descubrín, por exemplo, unha foto do desfile de coches no San Cristovo de Antas de Ulla do ano 1964, a fotografía dun xerador eléctrico do ano 1967 enganchado a un motor dunha máquina de mallar para dar luz nunha voda, ou a foto dunha malla, na que despois de preguntarlle a Paula (a autora do texto que acompaña a foto), descubrín que, probablemente a persoa que está metendo o pan na máquina é o meu avó Manuel.

Dende aquí, quero darlles o meu apoio a estas rapazas e rapaces e agradecerlles que compartan con nos as súas imaxes do pasado e as súas historias. Gracias tamén a Paula e a Carlos Seara por ter a amabilidade de contestar ás miñas preguntas. Espero que podamos seguir disfrutando deste valente traballo nos próximos cursos.
Quero tamén dende aquí invitaros a todos a entrar no blogue da biblioteca "A Vacaloura" e lles deixedes o voso comentario.



Como non podo sacar ningunha fotografía do traballo "Historia dunha fotografía" aquí, decidín tirar da miña propia historia e sacar unha das miñas fotografías antigas.
Esa fotografía foi sacada no ano 1956 en Castro de Amarante. O que está ó mando da máquina é o meu avó Manuel e o da súa esquerda é o seu irmán Emilio, entre as mulleres (espelida como é ela) a miña tía Teresa. Esta foto reflexa tódolos traballos da malla, ata aparece o neno encima do palleiro, porque no palleiro sempre había un neno encima, de feito ata eu estiven encima dun na única malla que participei alá polo setentae...



2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Súmome contigo nos meus parabéns á iniciativa dos rapaces e rapazas do IES neste magnífico traballo de aportación de imaxes que compoñen o noso pasado máis recente.
Evidentemente os parabéns incluen ao profesor que coordina esta tarefa.

E, digo eu, a ti o teclado comeuche algunhas letras que ían compoñer un número ó final...

Apertas

A Ulloa en fotos dijo...

ja ja ja, non comeu non, o que pasa e que non recordo en ano foi, supoño que 77 ou 78, pero era moi pequena.