Protexida das inclemencias do tempo polo pórtico, a porta principal da igrexa conserva o seu orixinal esplendor, salvo nun par de detalles: a patética lámpara de araña que hai fronte dela e os confesionarios que a flanquean (foto 1).
A porta principal (foto 2) está composta por tres arquivoltas, adornadas con molduras traballadas, o tímpano que contén a inscrición e as columnas que soportan o conxunto anterior.
O tímpano está adornado (foto 3) con tres figuras de entrelazados semellantes os que se poden ver en San Martiño de Ferreira. O peso del está soportado por dúas figuras de bois, un deles co curioso detalle de ter a lingua fora tocando o fuciño (foto 4). Curiosamente o importante do tímpano non son os lazos nin os bois senón a inscrición que se pode ver bordeando todo ó tímpano porque ela da nome ó artista que a fixo. Aínda que existen discrepancias sobre a parte inicial da inscrición a lectura mais aceptada é: HANC ECCLESIAM MAGISTER MARTINVS FECIT MEMORIA, ó mesmo que dicir: "Esta iglesia hizo el Maestro Martín. (Aquí queda escrito para perenne) memoria".
Detalles da porta principal.
Novelúa.
Monterroso.
Atravesa o espello cara A Outra Ulloa
3 comentarios:
Vexo que hai dous confesionarios novos do trinque. Semella que en Novelúa a xente peca moito...
(Mira ti a que conclusións chego eu soliño)
A lámpara de araña aínda podemos facer como que non a vemos.... pero os kioskos.....
Teño que falar co cura novo a ver se é verdade que fan confesións a pares.
Con todo o grande que é o pórtico é xusto deulles por colocalos aí. Unha mágoa.
Publicar un comentario