A cada beira da porta principal hai tres columnas (foto 1), os capiteis laterais, é dicir os que están mais preto e mais lonxe da porta, están decorados con motivos vexetais. Pola contra, os capiteis centrais amosan decoración historiada.
No capitel esquerdo (foto 2) están representados dous leóns afrontados. Das súas bocas sae ¿líquido? ¿ lume?, non sei. Se seguemos a mirar, poderemos observar como as colas dos leóns enrólanse no seus ventres, e como ambos leóns xuntan as súas patas dereitas. Supoño que todo isto ten un significado dentro da iconografía románica, pero a simboloxía do león é complexa de mais como para pretender sacar algo en claro.
No capitel dereito (foto 3) pódense ver dúas harpías. Eu pensaba que eran sereas-paxaro, similares as harpías salvo no detalle de que estás teñan as ás levantadas e as sereas non. As harpías son unha mestura de muller e paxaro con cola de serpe e a súa simboloxía negativa está asociada ós vicios.
Como remate dicir que a parte baixa das columnas tamén están adornadas con motivos xeométricos e nunha delas (foto 4) pódese ver un fermoso disco solar, aínda que, por desgraza, un pouco deteriorado.
Detalles da porta principal.
Novelúa.
Monterroso.
1 comentario:
Asómbrame a riqueza escultórica e arquitectónica e a pureza románica de Novelúa. Estiven unha soa vez a pé dela. Foi unha tarde de sábado e non puiden vela por dentro. As fotos que fixen tampouco foron unha marabilla, había unha luz moi forte, creaba demasiados contrastes.
Grazas por nola amosar.
Publicar un comentario