Ó que mais chama atención do do arco triunfal (foto 1) son sen dúbida os capiteis das súas columnas.
O do lado esquerdo (foto 2) amosa tipoloxía vexetal mentres que o dereito presenta un capitel historiado digno de observar o detalle.
Segundo Jaime Delgado (o único autor que da unha interpretación) este capitel historiado representaría a Sansón destruíndo o templo dos filisteos, sendo as dúas figuras laterais filisteos e a central Sansón, aparecendo a figura do león recordaría o feito de que como Sansón matou ó león coas súas mans.
Nun principio pensei que a figura da esquerda (foto 3) podería representar ó propio Sansón pero leva un puñal na man polo que queda descartado.
Sobre a figura central (foto 4) sería Sansón cos brazos en alto apoiados nas columnas. A terceira figura (foto 5) sería un principe filisteo, segundo Jaime Delgado, pero a min créame dúbidas, ¿que leva na man? ¿que lle asoma por enriba do ombreiro?
En todo caso, mentres ninguén diga ó contrario suponse que o capitel representa a Sansón.
Para rematar, deixar constancia de que na parede que hai enriba do arco, baixo ó encalado hai pintura mural como se pode ver nun pequeno espacio da parte dereita que perdeu ó cal (foto 6).
Detalles do arco triunfal.
Novelúa.
Monterroso
Atravesa o espello cara A Outra Ulloa
2 comentarios:
Tiñan que sacarlle o cal.
Un saúdo.
Por certo, este vrao fun cuns compañeiros ver os gravados rupestres do Farelo. Xa facía 3 ou 4 anos que non ía e, cal foi a miña sorpresa cando vin todo roturado e sementado de pinos. Onde está a protección??.
A veces xa non sei se o mellor é quitar o cal.De nada serve facelo se despois non hai cartos para manter as pinturas en bo estado (ver Marzá ou Coence e xa non digamos nada de Vilar de Donas).
Se viche arado estás a falar da Uceira da Somoza, da que podes atopar bastantes cousas neste blogue.
A Uceira e propiedade privada, como xa escribín, e eu estou FARTA dicir as cousas e que aínda por riba os veciños me voten a min as culpas das denuncias que lle meten.
Eu non lles digo nada porque a contestación dalgún xa foi "¿e quen me vai privar a min de facer ó que me pete no meu sitio!?" e dous meses despois ver como "alguén" estivo a tirar pedras enriba dos petroglifos.
E que lle vas facer. A ignorancia é así e da o mesmo que lles expliques que as pedras son importantes, que os debuxos teñen 4.000 anos ou o que queiras, que nin caso.
Por sorte, na Somoza, o ignorante é a excepción, o resto da xente sempre escoita porque queren a prender.
Publicar un comentario