lunes, 28 de septiembre de 2009

O pazo de Leilón































































Este verán prometinlle ó meu amigo Luis que o primeiro que sacaría no blogue a volta das vacacións sería algo sobre Leilón, e caro me costou atopar datos sobre o pazo, tamén chamado a Casa de Ouro. A única referencia escrita sobre a súa construción é de Julio Giz Ramil, que di que tanto a casa como a capela foron feitas en 1871, aínda así non explica por mandato de quen. Eu supoño que polo pai de José Ouro Arias, quen viviu na casa ata a súa morte en 1954 , e mais tarde os herdeiros que finalmente venderona fai algo mais dunha década.

Chama a atención cando chegas a Leilón os grandes buxos que forman parte do recinto exterior e, unha vez que te acercas á casa, ver a pequena capela unida a ela (foto 2) e o emparrado (bastante descoidado) que da sombra ó patio por onde está á entrada da capela (foto 3).

O recinto conserva, ademais das palleiras, o forno, o galiñeiro e as cuadras das vacas, un fermoso pombal e un hórreo (foto 4) de cinco pés o que lle foi cambiada a súa madeira orixinal por un desafortunado peche de ladrillo.

En bastante bo estado aínda está a casa do caseiros, na que viviron os avós e os pais de Luis e na que el veu a este mundo alá polo 1969, converténdose, sen pretendelo, na última persoa nacida no pazo de Leilón.

Detalles do pazo de Leilón.
Leilón.
Parroquia de San Cibrao de Repostería.
Palas de Rei.


Atravesa o espello cara a outra Ulloa

13 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Ainda conserva o vigor que seguramente tivo o casal. E contar con pombal e hórreo ainda lle da máis gallardía.
(E dille ó teu amigo Luis que benvido ó clube dos corentóns; que se non entrou pouco lle queda...)

Apertas

Anónimo dijo...

Muchas gracias amiga. Me ha emocionado volver a ver la casa donde nací ya hace unos añitos, aunque es una pena ver el pazo en este estado de abandono. Repito muchas gracias desde la lejanía.

Anónimo dijo...

Buenos días. Yo soy nieto de José Ouro Arias, mi nombre es Jorge Ouro, hijo de Jaime (uno de los hijos más pequeños de José Ouro). Gracias por los comentarios de Luis que no tengo el gusto de conocer, pero lo considero de mi familia por haber nacido allí. Me da mucha pena ver en el estado que está. Fué vendido por una de las herederas, tía mía. Yo también tengo bonitos recuerdos de mi infancia allí sobretodo en verano y en Navidades. Eran otros tiempos, pero quizá estos sean mejores. Saludos y si sabéis algo más sobre la casa me gustaría conocerlos. Saludos cordiales,
Jorge

A Ulloa en fotos dijo...

Que ledicia topar con un neto de José Ouro! Teu avó tiña que ser unha persoa moi especial. As testemuñas que falan del nos tempos da guerra sempre o deixan moi alto, aparece tamén citado en varias páxinas do libro de Curuxás.

Por certo, ¿cal era a relación exacta entre o teu avó ou o teu bisavó e o antigo balneario de Frádegas?

O meu correo por se queres mais información é:

aulloaenfotos@gmail.com

Moitas grazas polo teu comentario. Direille a Luis que o mire.

Saúdos agarimosos dende A Ulloa

Bibiana dijo...

Jorge: Tamén servidor ven de Manuel Ouro. Teu avó José era irmán da miña avoa Purificación. Teu pai tivo algo que ver coa DGT, nonsí?. E de seguro que sodes dous irmáns.

Jorge Ouro dijo...

Hola a todos, hola Bibiana, prima en no sé ya que grado. Tienes razón en lo que dices ¡has acertado! Pero desgraciadamente ahora soy yo sólo ya que mi hermano Jaime falleció en 1980 a los 39 años. Bueno aunque sea dentro de un año contesta. Apertas y siento que mi gallego sea pésimo. Saludos a todos los responsables de A ULLOA EN FOTOS.

Jorge

Jorge Ouro dijo...

Hola Bibiana; en efecto has acertado en todo. Somos primos en 3er grado, como los presos, jajaja. Apertas y contesta. Saludos a todos los que hacéis A ULLOA EN FOTOS,

Jorge

Anónimo dijo...

Pois eu son sobriño de José Ouro (o tío Pepe) e de Purificación (a tía Pura), de Antonio, de Javier, de Lola, etc... Son tataraneto de Amalia Ouro, a irmá máis vella dos Ouros Arias-Somoza, que casou na Casa-Grande de Xeré con Andrés de Viña, dono desta casa e da de Vilardomonte, e tivo Alfonso (alcalde de Palas moitos anos), Carmen, Arsenio e Áurea. Esta, muller de José de Soto, foi nai da miña avoa Marina, esposa de Paulino Pardo de Neyra. Apertas a todos!

Anónimo dijo...

Din que máis vale tarde que nunca.
Acabo de ler este artigo e vin as fotos e encantoume.
Eu son a filla do falecido José Jaime Ouro, irmán de Jorge Ouro, por tanto bisneta de José Ouro Arias. O meu nome é María Eugenia.
Saúdos para toda a familia, aínda que non vos coñeza a todos.
O meu agradecemento a Ulloa en Fotos. Xa que non coñecía o pazo. A miña nai contoume que estiven alí de pequena, aínda que non lembro nada. Unha mágoa.
Bicos para todos.

Manuel dijo...

Estiven onte ( 29 Maio) vendo o Pazo de Leilón. Está completamente abandonado. E unha magoa velo así. Alí entendo que nacei miña aboa, Dolores Ouro Arias. ¿ Alguén sabe quenes son os donos actuáis, se van alguna vez por alí, etc ? Un saudo.

Anónimo dijo...

Hola Jorge, yo soy Miriam Ouro soy nieta de tu hermano Jaime.
Quizá no te acuerdes pero nos conocimos hace muchos años cuando mis padres me llevaron a conocer a la abuela Mari. Yo tendría poco mas de 3 años y tampoco recuerdo mucho. Hace poco me he enterado de que tu hermano (mi abuelo) esta enterrado aquí cerca de donde vivo y me ha entrado la curiosidad. Si quisieras, me gustaría ponerme en contacto contigo para saber mas cosas sobre la familia.

A Ulloa en Fotos dijo...

Tedes que disculpare todos, levo mooooooito tempo sen entrar no blog e acabo de ver todas as mensaxes.
Publico porque sempre mellor tarde que nunca.

MANUEL ANTONIO dijo...

Hola bos días. Dolores Ouro Arias era aboa miña. Un saudo.