martes, 10 de febrero de 2009

As "Donas" de Vilar de Donas


























Ata que lin o folleto da Asociación "Os Lobos", eu tamén pensaba que esas dúas figuras, as da primeira fotografía, eran as donas da familia dos Arias de Monterroso, a quen se atribúe a fundación de Vilar de Donas. Despois de tantos anos entérome que os retratos corresponden a Juan II e María de Aragón e que o outro retrato (o da segunda foto) é o do seu fillo Enrique.

Estes nomes non lles din nada a case ninguén pero, para que teñades unha idea, Juan II, despois de morrer María de Aragón, casou de segundas con Isabel de Portugal, e deste matrimonio naceu Isabel La Católica (a quen todos coñecemos) e con quen o seu hermanastro Enrique IV (xa rei de Castela) firmou o Pacto dos Toros de Guisando para nomeala a sua sucesora.

Ilustre realeza, pois, a que quedou plasmada nestes muros.


Detalles das pinturas da abside.
Vilar de Donas.
Palas de Rei.


Atravesa o espello cara A outra Ulloa

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois tanto Juan II como o seu fillo Enrique...sairon ben afeminados!!!

A Ulloa en fotos dijo...

Costume da época supoño, o gótico nada ten que ver coa rudeza do rómanico. Ademáis non creo que sexan moi fieis os retratos tendo en conta que os artistas rurais pintaban de memoria ou baseándose en grabados

De todas formas, busca na rede fotos dos medallóns da Praza Maior de Salamanca, hai un de Juan II, mais vello pero co mesmo tocado e o pelo longo.
Outra cousa, Enrique, tiña o alcume de Enrique IV "el impotente" porque non tivo descendencia.