sábado, 28 de febrero de 2009

O peto das ánimas Santiago de Alba














Na praza da igrexa de Albá, ó carón da quexería Arqueixal, e despois de varios traslados, atopou o seu sitio o único peto das ánimas que conservamos na comarca da Ulloa (único por que agora xa sei que o de Verín non é un peto senón un esmoleiro).
Non amosa inscricións pero dixome Luis de Arqueixal que o seu pai si acordaba o retablo que tiña dentro. Por outra banda, lin no libro de Fernández de la Cigoña "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas en Lugo", que noutros tempos tiña, o parecer, un retablo de madeira policromada, motivo de mais para que, os piratas da arte que invadiron Galicia da década dos sesenta e setenta, o roubasen.
No burato que quedou podense ver os restos das anclaxes da reixa co gardaba, así como o burato da caixa das esmolas.

Albá garda mais segredos que xa irei contando.

Peto das ánimas.
Santiago de Albá.
Palas de Rei

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi ben, certamente xenial.
Boas fotos, e bon traballo.
E unha forma xenial de dar a coñecer a nosa comarca, as veces vivimos nela, como se non existiramos, sen decatarnos.