Esta pequena igrexa, escondida entre as casas da aldea, data de finais do século XII o primeiros do XIII. Destacan dela a súa porta principal, con dintel de motivos circulares (asimilados o maestro Martín de Novelúa) e arquivoltas con diversos motivos nos que cabe destacar unha cuncha de Santiago ou unha representación fálica. Curioso tamén o canecillo (ou canzorro) que representa a un home morto no lateral norte.
Porta principal e detalles do canecillos.
Vilanuñe.
Antas de Ulla.
Atravesa o espello cara A outra Ulloa
Porta principal e detalles do canecillos.
Vilanuñe.
Antas de Ulla.
Atravesa o espello cara A outra Ulloa
1 comentario:
Unha das boas pezas do románico en Antas esta de San Salvador de Vilanuñe (que na actualidade tamén é Igrexa para o vecindario de Santiso.
Sobre os peculiares canecillos, polas suas formas e motivos, hai algún autor que os ubica xa no período gótico; froito polo tanto dunha posible reforma posterior.
Así e todo, o que máis chama a atención -tal e como recolles tamén na foto- é a porta principal; con esas dúas magníficas arquivoltas de medio punto con unha moi orixinal decoración.
Apertas!!!
Publicar un comentario