martes, 12 de julio de 2011

Os valados feitos con chantos separados

O último tipo de valados que se pode atopar nas terras da Ulloa é o que está feito con chantos de pedra que se colocan mais ou menos separados entre si e nos que, o espazo que queda entre eles, enchese con pedras mais pequenas (fotos 1 a 6). Para facelo é necesario un mínimo de dúas persoas na tarefa de colocar os chantos, pero unha vez feito este traballo pode terminalo unha soa. As pedras empregadas para o recheo varían en forma aínda que polo xeral as mais empregadas son as pedras planas (fotos 2 e 3), algo lóxico se temos en conta que a estabilidade deste tipo de valados depende, ademais da arte do construtor, da estabilidade do recheo.

Estes valados son os mais empregados. Pódense atopar en toda A Ulloa feitos con toda clase de pedras: granito, esquisto (foto 7) ou lousa (foto 8).

Como singularidade dicir que polo xeral este tipo de valados segue sempre a mesma estrutura mais as veces pódense ver misturas de técnicas como a da última fotografía, na que a parte alta ten un remate dun valado tipo 1.


Fotografías de valados de Santa Mariña de Castro de Amarante, Cumbraos, Casa de Naia, Monterroso, A Barreira (Lodoso), Sestelo (Lodoso), Marzán e Cibreiro.

2 comentarios:

Angel Utrera dijo...

Sorprendente, minucioso e moi detallado traballo, rfealmente profesional, douche os meus parabens, porque ten moito metito como estudio de campo, sobre as construcciones populares.....
Bicos grande, e segue asi. Xa fixeras antes algunhas entredas dignas de destacar, pero este é realmente unica.

A Ulloa en fotos dijo...

Moitas gracias. Sobre o tema dos valados aínda teño dúas cousas mais na despensa esperando a rematarse para sacalas: os recheos triangulares e as cancelas.

A verdade é que este ano teño o blogue un pouco abandonado, cando chego do traballo e termino de facer as cousas da casa xa non teño ganas de poñerme no ordenador. En fin, como a miña cámara vai comigo sigo a facer fotos que pode que, algún día, saían aquí.

Apertas dende A Ulloa