lunes, 4 de abril de 2011

Os hórreos de Güimil






Os hórreos de Güimil están feitos integramente en madeira. Neles so se emprega a pedra para facer os pés ou para o muro de apoio. Esta clase de hórreos é pouco común dentro da Ulloa e so se ve nas parroquias do leste do concello de Monterroso, todas elas limítrofes coa parroquia de Sucastro (lugar o que pertence Güimil) e nalgunha parroquia do noroeste de Palas de Rei. Supoño que a falta de boa pedra motivou o cambio do granito polo castiñeiro, pero so supoño.
Na aldea hai dez hórreos de madeira e tres de pedra e de seguro que algúns deles non durarán moito.


Detalles de algúns do hórreos.
Parroquia de Sucastro.
Güimil.
Monterroso

2 comentarios:

Angel Utrera dijo...

O pasado Domingo estiven Eu, por ahi ca miña bici......Coma sempre maravillosa terra dos nosos veciños, e baixo a sombra do noso Farelo, cumio sagrado dos ancestros .....

Uska Hope dijo...

Muito interessante essa estrutura!!