lunes, 21 de marzo de 2011

Un carro que aínda está en uso






Fai unha semana, pasando por San Xiao do Camiño, vin un carro de vacas. ¿Que tiña de particular para que apareza nunha entrada deste blogue? Pois... esterco. Tiña esterco. Isto pode parecer unha parvada miña (en parte a é) pero detrás dese detalle do esterco hai moito mais.

Facía moito tempo, pode que mais de 5 anos, que non vía un carro usado para sacar o esterco. Facía menos tempo, 1 ou 2 anos, que non vía un carro que aínda sexa utilizado. Sorprendente:¡non era un carro de adorno!.

Falei co dono, díxome que aínda tiña unha xugada de vacas para o carro e que estaba criando unha becerra para poñela tamén. Sorprendente porque é ben sabido por todos que xa non hai vacas que sirvan nin para o carro nin para o arado.

O carro, como tantas cousas mais do noso rural, está en extinción. E mentres morre o carro morren palabras como fueiro, cabezalla, chavella, botoalla, ladrairo...


Nas fotografías detalles do carro.
San Xiao do Camiño.
Palas de Rei.

2 comentarios:

Anxeles Ramos Vázquez dijo...

Encantoume! unha aperta.

naprocura dijo...

Incríbel! Eu nunca vin como se emprega..