14 meses despois da morte da morte do conde de Borraxeiros, por fin, a Xunta, por boca do presidente Alberto Nuñez Feijoó, anunciou hoxe no salón de actos da casa do concello de Palas de Rei a existencia dun acordo de compra entre a Xunta e os actuais donos do castelo, os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis (Vigo).
Na roda de prensa convocada por Fernado Pensado (alcalde de Palas de Rei) estaban Alberto Nuñez Feijoó (Presidente da Xunta), Roberto Varela (Conselleiro de Cultura e Turismo), José Manuel Barreiro (Presidente do PP en Lugo), José Donaire (responsable da congregación dos Misioneiros) xunto con media ducia de misioneiros e os seus avogados. Supoño que nun día histórico para A Ulloa ninguén quería perderse ese momento.
Falouse da existencia do acordo de compra do castelo con todas as súas propiedades (5 millóns de euros) aínda que hai fincas nas que os lindes non están claros. Falouse do pago diferido deses cartos e de como eses cartos repercutiran nun ben social (a obra do Misioneiros). Aproveitaron para facer un pouco de campaña política (son políticos, claro) e remataron o acto.
Por unha razón ou por outra todos satisfeitos.
Pambre xa é noso agora e este era o primeiro paso.
Agora ben o mais difícil.

5 comentarios:
Levas razón. O que ven agora non é nada doado (e terá os seus custes tamén); pero sin duda o primeiro paso era poder telo. Unha boa noticia polo tanto.
Supoño que é unha boa nova.
De todas formas, sooume a necesidade urxente por parte dos xunteiros. Levan algúns meses de campaña ( supoño que lle ven as orellas ao Pepiño)en Palas.
De todas formas o compromiso é público e cando menos é un paso.
Xa me gustaría dicir o mesmo da torre-pazo de Friol.
Parabéns.
Desde Agolada e Lalín tamén noa aledamos. Eu creo que o máis difícil xa pasou, agora só cómpren cartos e iso é máis fácil de conseguir ca o feito de conquistar as vontades.
Saúdos.
M. Busto
Nunca é tarde si a dicha e boa.....
Ao final tiveron que desfacer a desfeita que fixeron fai anos coa sua venda .....Menos mal que hoube xente que pelexou para que non caera no esquecemento.
Os irmandiños han de estar cun sorriso dende o mais alá...
Os irmandiños de agora temos un sorriso dende aquí :))
Publicar un comentario