miércoles, 8 de diciembre de 2010

As aldeas deshabitadas de Palas de Rei


O concello de Palas de Rei, con case 200 km2, é o de maior extensión da Ulloa. Ten case o dobre que Antas de Ulla (103,66 km2) e que Monterroso (118 km2) e pode que esa fose a razón mais sinxela para explicar o gran número de lugares deshabitados que ten pero, se así fose, o concello de Friol, con 295 km2, non tería un número moito menor.

A listaxe de aldeas deshabitadas segundo o Instituo Nacional de Estadística é a seguinte:
  1. Castro
  2. O Froxón
  3. O Pozo
  4. O Mesón
  5. A Pallota
  6. A Taberna
  7. A Ponterroxán
  8. Carricova
  9. Boavista
  10. A Ponte Santar
  11. Ermita
  12. Chouso Vello
  13. Candieira
  14. Vilar de Monte
  15. A Lagoa
  16. O Freixeiro
  17. Pena Mouril
  18. A Veiga
  19. Vilachá
  20. Curuxás
  21. Frádegas (As Augas)
  22. A Corda
  23. O Couso
  24. Mende
  25. As Cancelas
  26. Setefontes
  27. Arulfe
  28. Castro
  29. A Estrada
  30. Reboredo
  31. Tiulfe
  32. Outeiriño
Dicir varias cousas o respecto. Como pasa cos datos dos outros concellos, tamén en este hai polo menos un lugar no que sei que vive xente.

Dicir tamén que o preocupante de Palas de Rei, non son soamente os 32 lugares deshabitados, senón que hai que engadir 21 lugares nos que so queda un habitante censado, o que quere dicir que en non moito tempo (se as cousas non cambian) pasaran a estar na primeira lista.

E por último, na Ulloa, segundo os datos de 2009, vivimos 10.326 persoas das que 3.682 son maiores de 65 anos que viven na súa maioría no rural, polo tanto a gran pregunta é:

¿cantos lugares quedarán deshabitados a medida que a próxima década vaia avanzando?


1 comentario:

A Ulloa en fotos dijo...

Repasando a lista vin outro lugar que coñezo e no que, polo menos fai un ano, aínda había unha casa na que vivía un matrimonio maior: A Veiga. Lémbrome porque o señor tiña varios cabeceiros. Podedes ver un deles en O cabazo da Veiga