Levo un tempo mirando os datos que o Instituto Nacional de Estadística publica sobre A Ulloa e, entre os moitos que podes atopar, hai un que da arrepíos: os nomes dos lugares deshabitados, é dicir, o lugares onde a poboación censada é cero. Busquei este dato para os tres concellos ulloáns mais para os concellos limítrofes con nos e así ter algo con que comparar.
Segundo din eses datos, no Concello de Antas de Ulla hai 6 lugares deshabitados, que son:
Na fotografía detalle dunha casa deshabitada.
Peibás.
Antas de Ulla.
Segundo din eses datos, no Concello de Antas de Ulla hai 6 lugares deshabitados, que son:
- Campo de Chao
- A Parrocha
- Barbalde
- Nugallás
- Medeiro
- A Regueira
- O Seixo
- San Tomé
Na fotografía detalle dunha casa deshabitada.
Peibás.
Antas de Ulla.
9 comentarios:
Ola Cristina, vouche dar as miñas aportacións ao respecto: Por Santomé pasei tres veces nos últimos sete anos e non vin xente. Creo que está completamente abandonada. Hai unha casa na que vexo que si que van algunha vez, pero non viven alí.
Hai tempo escribín isto no meu blog:
http://aquamlatam.blogspot.com/2008/01/santom-no-silencio.html
Sei de Ourás, creo que é da parroquia de Cutián, ten unha soa casa, pero é un lugar abandonado e que está recollido na toponimia.
De Nugallás. Pasei por alí varias veces e polo menos unha casa está habitada.
As outras que citas non as coñezo. Coñezo unha Regueira en Vilasante, Facha, pero alí hai dúas casas habitadas. Pero será outra Regueira.
Apertas.
Si, entendo o que dis e ten unha explicación moi clara.
En San Tomé non vive ninguén pero hai unha persoa que está censada alí, normal son as súas propiedades aínda que el e a muller viven en Santa Cristina.
Ourás non aparece na toponimia que recolle o INE, non sei porqué.
Co nome de Nugallás recolle dous lugares, un con cero habitantes e outro con 4 (1 home e 3 mulleres), descoñezo porque fai esta separación.
Eu tampouco sei onde queda A Regueira, de feito, A Regueira que eu coñezo está en Monterroso.
O caso é que como dixen, o INE recolle os datos das persoas que están censadas, isto quere dicir que non ten porque coincidir cos habitantes de feito.
Saúdos Busto.
Por certo, aquí tes os datos de Agolada:
Con cero habitantes: 1, Cendoi
Con un habitante: 5, Quintás, Traspenas, Casas Novas, A Torre, Casquive
Eu non coñezo Agolada como ti coñeces Antas de Ulla, así que non teño nin idea de onde están.
Pois direiche que A Rigueira é un lugar moi cercano á aldea de Vilasante e que pertence á parroquia de Facha. Tal e como di Manolo Busto, sí que teñen habitantes de feito e de dereito.
Apertas
Pola conclusión a que cheguei vendo os casos de Monterroso e Palas, iso quere dicir que hai algunha ou algunhas casas que pertencen A Regueira e que están (segundo o término que emprega o INE) "Diseminado". Iso explica que inclúan dúas veces a Nugallás.
O que aínda non conseguín saber é por que Ourás non aparece, pero xa se sabe que as estadísticas nunca son fiables ó cento por cento.
Pois Ourás existe!. Moi pertiño de Gradoi e a tiro de pedra de Martín. Ten un hórreo moi xeitoso presidindo unha aira de laxes xeitosas.
En Nugallás hai unha casa habitada con dous residentes habituais que presumen de vivir no Centro Xeográfico.
O tema de A Rigueira...non sei eu se virá pola primeira vogal. Proba a ver. Eu diría que a de Antas é con "i" (e que me corrixan os propios do lugar)
Para concluir, xa sabes o que se di das estadísticas cando as comparan coa prenda femenina de baño...
Máis apertas
Dende fai uns anos Ourás é o reino do xabarín, o mellor non aparece nas estadísticas porque están censados eles.
Por certo, xa lin iso de que vas rexistrando nomes por aí, moi ben feito.
Nugallás, o corazón de Galicia, sen habitantes, que curioso!!!. Onde iremos parar.
Barbalde e se non me equivoco tamén Medeiro son dous lugares dunha única casa en cada un. Son dous grandes bens! Pouco habituais no noso minifundismo que efectivamente agora están deshabitadas.
Pola contra, non sei os censados que hai en Penela segundo o INE pero creo que cando menos no inverno xa non vive ninguén alí.
Publicar un comentario