![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZIL1BLUnI/AAAAAAAACl4/FoL-ul5pnh8/s400/15km.+76+660+camino+cortado.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZIA6f7HUI/AAAAAAAAClw/duiw5vUls90/s400/15km.+marco+76+660+camino+cortado.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZIAjzD3YI/AAAAAAAAClo/6RCSkt2lzms/s400/16+km+76+660+camino+cortado.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZIATLvOwI/AAAAAAAAClg/qn-rRYs1xbw/s400/17+km.+76+660+camino+cortado.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZIAGBGWXI/AAAAAAAAClY/MljpKInYGo8/s400/18+km+76+660+cami%C3%B1o+cortado.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZH_4duvEI/AAAAAAAAClQ/CpauLoeKKmc/s400/19+km+76+660+cami%C3%B1o+cortado.jpg)
Ás veces, no Camiño Primitivo, tes que ter catro ollos para poder ver os marcos, de feito, eu como non o fixen soa, tiña outros dous para axudar. No verán os marcos teñen moita vexetación o seu carón (foto 1) as veces tanta que quedan literalmente afundidos baixo a herba.
O quilómetro 76,600 é o exemplo mais arrepiante de como as administracións deixaron no esquecemento o Primitivo porque, se non fose así, ¿como se explica que a ruta xacobea máis antiga estea cortada neste punto?. E volvo a repetir: ¡¡ CORTADA NESTE PUNTO!!
Unha cousa e contalo ou que o leas no periódico, porque a Asociación Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo xa deu conta deste pequeno detalle, e outra, moi distinta, e vivilo cando fas o Camiño e sabes que un camiño cortado quere dicir facer un quilómetro máis para dar o rodeo. Para que vexades como está o panorama aí tedes as fotos de todo o periplo (gracias Indiana Pep por ir abrindo o Camiño sen levar machete):
Foto 2: o marco di que é por ese carreiro así que alá vamos.
Foto 3: ba, a herba está un pouco crecida pero non é para tanto.
Foto 4: isto xa se normaliza, mira que carreiriño tan ben feito
Foto 5: aaaag! Esta herba ten pinchos! Colle este pau e vailles dando a ver se imos pasando. Non vaias tan apresa que non te vexo. Espérame.
Foto 6: Esta cortado. ¡Como que está cortado! Pois si, con arame de pinchos. E que facemos ¿cruzamos polo prado?. Ui, parece que hai un regato. ¿E se non damos cruzado o regato? ¿e se lle pasamos polo medio do prado o paisano e saen os cans? Veña, damos a volta e xa veremos como chegar a casa aquela de enfronte.
Detalles do Camiño Primitivo no km. 76,600, lugar tamén coñecido como “O Camiño cortado”.
Parroquia do Pacio
Friol.
2 comentarios:
Teño a esperanza este curso de meterlle o dente ao Camiño--mellor dito aos camiños que percorren o concello-. Cada vez que leo as túas entradas sinto envexa -sa, pero envexa--.
Un saúdo.
Ah! e grazas polo enlace do vídeo.
Xa vin que o vídeo é todo un éxito. Non é para menos.
No camiño cortado foi unha sorpresa ver que ese anaco de Friol é Ulloa.
Apertas
Publicar un comentario