![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZC_VIY5dI/AAAAAAAAClI/HMRzfQDn6i0/s400/Frecha+primtivo+3..jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZCnUJAlLI/AAAAAAAAClA/P4eKwlnDO1k/s400/13+granxa+porta.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZCmwvvtHI/AAAAAAAACk4/wxix75EQdi8/s400/13+marco+granxa.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZCmuGJ57I/AAAAAAAACkw/wLD06StCO2E/s400/13+granxa+km+76+950.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZCmYBBUuI/AAAAAAAACko/BDDuKKYJYGU/s400/13+granxa+cristais.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TKZCmH2sm3I/AAAAAAAACkg/PH6wg5wt95w/s400/14+granxa+esterco.jpg)
O pouco de sair de Xende o Camiño entra no concello de Friol dirección cara parte baixa da aldea de O Paraño e, camiñando, chegas a un lugar no que parece que ó Camiño lle plantaron unha porta no medio e medio (foto 2). Cando te achegas ves que é unha granxa e que o carón hai un marco (foto 3) que dirixe o carreiro cara o exterior do muro da granxa (foto 4) que, a min, por un deses traumas que unha colleu de pequena cos muros rematados con cristais (foto 5), pareceume o muro da casa do terror.
Segues polo carreiro e cando xa está a punto de rematar a granxa atópaste con que unha das portas das cortes empregase para verter o esterco directamente para O Camiño (foto 6), repito, ¡¡directamente para o Camiño!!. Fai pouco estiven a falar cunha periodista deste tema, ela dicía que son riscos que corres cando se atravesa o rural, e non lle falta razón, pero segue parecéndome de denuncia. Claro que isto non é Camiño Francés senón a xungla do Primitivo pero que eu saiba (e non sei moito porque o meu non é a agricultura) o esterco, igual co xurro, tes que telo nun lugar axeitado e pechado para que, polo menos cando chova, non se vertan líquidos cara cursos de auga.
Detalles do Camiño Primitivo entre o km. 77,148 e o km. 76,600.
Parroquia do Pacio
Friol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario