viernes, 26 de febrero de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: adornos con liñas semicirculares
























































O feito de que unha boa parte das ferraxes das portadas leven inscrita a data na que foron feitas, fixo que caera na conta de que había deseños que so aparecían en datas concretas, no caso das fotografías as datas que aparecen (xunto o nome do dono da casa) son 1932 e 1937. Son as ferraxes con data mais antigas que atopei, ó que non quere dicir que non as hai mais vellas, senón que non lles puxeron a data.
As da fotografía case se podería afirmar que saíron do mesmo ferreiro, pois a forma, os adornos e os marcadores tipográficos empregados, son os mesmos.


Detalles das pezas.
Quintela, Rececendes, San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Magnífico traballo!.
Xa comentei noutra ocasión que tamén a min me chaman a atención e teño algunhas fotos deles. Agora gáñasme por goleada.

Paula Verao dijo...

Fermosa idea a do inventario dos tiradores de portas.
Saúdos dende O Colado do Vento.

A Ulloa en fotos dijo...

A maioría destas fotos teñen sete anos. Daquela quería recoller un inventario fotográfico de tódolos tiradores da Ulloa e comecei por Antas. Agora dáme rabia pensar que nin sequera rematei con Antas.