lunes, 8 de febrero de 2010

As pinturas case desaparecidas de San Salvador de Sambreixo















































































A igrexa de San Salvador de Sambreixo é de orixe románica e está datada a súa construción entre finais do século XII e primeiros do XIII. En 1918 sufriu varias reformas que variaron a planta da igrexa ó serlle engadida unha capela no muro norte do presbiterio.
Sobre a parede do muro sur la igrexa, hai unha serie de pinturas moi deterioradas e que, segundo din os veciños, ocupaban o dobre de espacio do que na actualidade se conserva. Esas pinturas foron estudadas no 1979 na tesis doctoral de José Manuel García Iglesias"La pintura del Renacimiento en Galicia", pero a tesis permanece inédita. Jaime Delgado, recollendo o que escribe delas a Gran Enciclopedia Gallega di "En los parametros de la nave de la iglesia parroquial, románica, se conservan fragmentos de pinturas murales, posiblemente del s. XVI, con representaciones de los misterios de Cristo, como la Adoración de los Magos, el Nacimiento de Cristo y otros".

Na actualidade, e para miña decepción, as pinturas sofren un deterioro arrepiante por causa das humidades e do abandono que sufriron por parte de quen tivese a responsabilidade de encargarse da súa conservación (a igrexa e as administracións).

Quero, con esta entrada, denunciar publicamente o grave deterioro que sofre a pintura mural medieval que conservamos na Ulloa. Pinturas de cincocentos, catrocentos e trescentos anos que están a perderse de maneira irrecuperable, sen que autoridades e igrexa poña remedio, porque sempre, a falta de cartos, está por enriba de todo. Vilar de Donas é un exemplo, pero aquí, neste mesmo espazo tedes outros moitos pulsando na etiqueta Pintura Mural.
Quero tamén aproveitar para agradecerlle a Pepa Roig todas as súas explicacións, fíxome ver a importancia deste patrimonio esquecido e a necesidade urxente de tomar medidas que freen o seu deterioro e a súa perda irreversible.



Xeral e detalles dos restos que se conservan das pinturas.
Sambreixo.
Monterroso.


3 comentarios:

Algalia dijo...

Só dúas cousas: desamortizar á igrexa e denunciar o papanatismo e ignorancia da clase política. As imaxes que publicas falan por sí mesmas.

Angel Utrera dijo...

Dende logo estas empecinada en que Eu acabe por coñecer Antas mellor que Agolada...ehh??
Outro motivo mais, para volver a programas outra nova saida polas terras allende o FArelo, ¡¡¡hay que joderse¡¡¡ -con perdon.
O que che digo, é que fun e estou descubrindo a Ulloa pouco a pouco grazas a ti, e realmente estou enamorado desta terra.
PArabens.

A Ulloa en fotos dijo...

Moitas gracias polas flores.

Pois mira, eu si que atraveso o Farelo con certa regularidade. No voso concello tedes moitas cousas pero, sobre todo, tedes as mellores cantinas que quedan en moitos quilómetros a redonda, as de Ventosa e a de Borraxeiros. A de Borraxeiros e de museo e en Ventosa síntome como na casa, de feito gústame ir a tomar o vermut do domingo.

Curiosamente, gracias ó turismo "cantinero" coñecín sitios que nunca houbese visitado por iniciativa propia.

Saúdos ulloáns.