sábado, 12 de diciembre de 2009

O castelo de Amarante en 1925 e no 2009
































Fai 15 días xa falei da exposición de Ruth Anderson na Fundación de Caixa Galicia da Coruña.
Nesa exposición había tres fotografías da Ulloa sacadas no ano 1925, unha delas era a de Pambre, que podedes ver en "O castelo de Pambre no 1925".

A fotografía que tedes aquí é da entrada principal do castelo de Amarante, (ata fai tres anos era a única entrada, durante a restauración abriron outra nova nun lateral) na exposición está exposta xunto con outros hórreos de Galicia e o titulo pon simplemente "Hórreo. Antas de Ulla (Lugo)". Supoño que tamén pon a data pero non tomei nota e para miña desgraza esta fotografía non aparece no libro-catalogo da exposición, pero como a de Pambre e a foto de San Miguel de Penas son do 1925, supoño que esta tamén é dese ano.

Seguindo a idea que xurdiu ó ler un comentario que Zeltia deixou neste blogue, decidín facer as fotos deses sitios na actualidade para comparar os cambios, que como vedes son ben poucos.


Porta principal do castelo de Amarante.
Amarante.
Antas de Ulla.

Fotografía do 1925 de Ruth Matilda Anderson.



Engado hoxe, 11 de xaneiro de 2010, a cuarta fotografía da Ulloa feita por Ruth Anderson. Trátase da lareira do Castelo de Amarante e que atopei gracias a un comentario deixado nesta entrada

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu teño unha foto de "entremedias" das dúas que amosas hoxe. Pero, sin duda, quedámonos con estas.

A Ulloa en fotos dijo...

Esa foto seguro que recolle a imaxe de cando o hórreo aínda lucía aquel espantoso ladrillo.

Case mellor que quede no esquecemento.

aopedofarelo dijo...

A verdade é que a rehabilitacion e case perfecta....¿E privado o CAstelo..?Sempre que fun, o atopei pechado a cal e canto

A Ulloa en fotos dijo...

A Condesa de Fenosa comprouno no 74 ou 75 (non recordo agora a data) a un veciño de Castro de Amarante por tres millóns de pesetas. Contan que só a virxe da capela valía eses cartos e non sei que ten iso de certo, porque outros din que na capela non había santo ningún.

Na actualidade din que é nun sobriño ou sobriña da Condesa, que foi quen o restaurou, teoricamente coa idea de dedicalo a reunións e banquetes, pero todo isto son cousas que di a xente, eu non teño datos fiables. O caso é que fai case un ano que remataron as obras e aquelo está todo parado.

Martiño dijo...

Eu aínda non puiden ir ver a exposición de Ruth Matilda Anderson. Téñolle gañas, e o peor é que a teño ao lado da casa...
O que si, esta tarde puiden ver o libro da exposición, e nel hai unha foto dunha lareira do castelo.
Pena que non poidamos entrar para ver o seu estado actual.

A Ulloa en fotos dijo...

Vaia, iso da lareira deixa K.O. porque a min escapouseme ese detalle. ¿En páxina do libro está? Eu teño o libro e non a vin.

A Ulloa en fotos dijo...

Xa atopei a lareira e vouna colgar nesta mesma entrada.

A Ulloa en fotos dijo...

Por certo, que me dixeron que a lareira está case igual aínda que perdeu a mesa colgante.