Pilar e Antonio teñen unha casa ó carón do almacén onde eu traballo, fai dous meses fixeron unha fornada e Pilar regaloume un bolico, díxenlles se me podían avisar a próxima vez que coceran e así o fixeron.
Facía mais de dez ou quince anos que non vía cocer o pan na casa e volveume a emocionar ver o proceso desta tradición a piques de extinguirse. O pan foi sementado e recollido por eles. Levouse ó único muíño segue a funcionar en toda a Ulloa. O lévedo era feito na casa. Antonio atento ó forno e Pilar facendo masa. O resultado: un pan "cinco estrelas superior" que eu tiven a fortuna de saborear.
Este é o meu bolico:

4 comentarios:
Quen coma ti !.
Iso é algo que só uns poucos teñen a fortuna de saborear.
Hai unha casiña rural --fóra da rede- na Pontenova,non me acorda agora o nome; que abre cando quere o dono, e podes comer ou cear pan e empanada acabada de cocer no forno que ten o paisano. De luxo!.
Pois cargaron o forno de carallo, que vaia fornada lle meteron!
Levas razón, que xa non queda moito quen coza na casa; e pensar que non fai moito había en cada casa seu forno...
Claro que en Antas non botamos moito de menos esa labor, xa que os panadeiros profesionais do Concello souperon combinar tradición con modernidade e logran sacar ó mercado un pan "cinco estrelas" tamén (e non digamos nadiña das empanadas...
Si, o forno é para 16 pezas e levaba 17 mais a torta mais dous bolicos.
Que o pan de Antas é de etiqueta é indiscutible, igual que as empanadas.
Eu recordo cando era pequena e meu pai traia torta recen sacada do forno de Modesto o vir de traballar. Aí si que nin pan nin empanada, aquela torta untada de nocilla era a mellor merenda do mundo.
Cando probei o bolico que me regalaron botei en falta a nocilla, aínda que a morriña duroume pouco: onde estea un queixo da Ulloa...
Boísima reportaxe e: ¡que boísimo debía estar o pan!
Publicar un comentario