San Cibrao é unha desa pequenas sorpresas da Ulloa. Con un exterior limpo de arquitecturas sobresaíntes e conservando da súa orixe románica tan só os muros da nave e algunhas pezas da porta principal, San Cibrao de Repostería pasa normalmente desapercibida, de feito, Perrín, Vazquez Saco e Jaime Delgado son bastantes breves a hora de falar dela.
Como xa dixen, do exterior pouco que destacar, aínda así, tanto a estraña cruz da porta principal (foto 1), como o Crismón Trinitario (foto 2) da porta lateral merecen unha pausa, aínda que este último estea moi desgastado.
Fai uns cinco anos que entrei en ela por primeira vez, de pura casualidade, porque eu pasaba por alí, vin a porta aberta e non facía moito que lle arranxaran o tellado e limparan o exterior. Por aquelas sorprendeume ver que debaixo do cal víase pinturas. Moito mais grande foi a sorpresa de fai un mes cando voltei alí, os buratos do cal son moito mais grandes (claramente alguén rascou nel) e xa case se pode ver toda a pintura.
As pinturas ocupan os dous laterais da nave. Na parede norte (foto 3), con moito mais cal, vese con claridade a figura de Cristo (foto 4) e un soldado cunha lanza na súa man (foto 5), supoño que é o apresamento de Cristo pero, sinceramente, non o sei. Na parede sur (foto 6), moito mais visible, vese claramente a escena do Xuízo Final, con Cristo ocupando a posición central e rodeado por anxos músicos. Na parte inferior (foto 7) aparece San Cibrao. Sobre este persoaxe Alicia P. Suaréz Ferrín no seu traballo "Iconografía medieval en los murales gallegos de los siglos XIV, XV y XVII", comenta "Excepcionalmente se roza lo herético cuando el santo titular llega a ocupar un puesto que, por derecho, le correspondería a una figura superior; es lo que sucede en el Juicio Final de Repostería, en donde san Cipriano, obispo de Cartago, usurpa el lugar reservado a la Virgen, a la derecha de Cristo, frente al Bautista, actuando así junto a él como máximo intercesor".
Detalles do exterior e das pinturas da nave.
San Cibrao de Repostería.
Palas de Rei
1 comentario:
Vale, vale....vale....Teremos que facer outra escapadiña, e ver esta fermosura.
Por certo, xa cumprin ca visita a igrexa de San cristovo de Vovelúa...e as chaves tenlas unha paisana da aldea, todo un poema de muller, faladoira, curiosona, simpatica como ela soa....Aproveitou a nosa visita, baixo o paraguas, cain chuzos a cubos.....para facelle a miña muller (E a medica de AGolada, ), sobre a gripe A e as vacunas....
Fantastic a visita...
Fixen unha entrada
Apertas
Publicar un comentario