domingo, 1 de noviembre de 2009

San Cristovo de Novelúa: o interior da ábsida e as pinturas




















































A ábsida de Novelúa garda no seu interior pintura mural de diferentes épocas. A mais interesante, por ser as mais antigas (tardo-medievais segundo os autores, é dicir que non saben datalas con certeza, ¿século XV ou XVI?) son as que se poden ver na parte esquerda (foto 1). Estas pinturas espállanse polo muro esquerdo e pola parte circular da ábsida. As primeiras, as do muro (foto 2) atópanse en malas condicións (humidades, gretas, veladuras...) e representan segundo Vázquez Saco o apresamento de Jesús segundo San Juan. Creo que na escena Pedro corta a orella de Malco coa súa espada que podería ser o soldado que está no chan.
As pinturas da parte circular da ábsida (foto 3) representan a Última cea, pero so son visibles nun pequeno tramo pois, supoño, ó resto estará detrás do actual retablo xa que por enriba deste (foto 4) pódense ver mais restos de pinturas debaixo dunha capa de cor azul.
Na bóveda da ábsida (foto 5) existe outro grupo mais de pinturas, estas moito mais recentes (¿século XIII? ¿contemporáneas a reforma barroca do campanario?) nas que ve representada a coroación da Virxe.

Deixando a parte as pinturas, no interior da ábsida hai outros pequenos detalles nos que merece a pena pararse: o pequeno sagrario mural que aínda se conserva (foto 6) aínda que agora xa non se emprega como tal, e o zapato (foto 7) que decora unha das basas das columnas. Sobre este último dicir que cando Manuel (o sacristán) me viu facerlle unha foto preguntoume ¿é ti pensas que daquela os santos usaban zocas? ó que, dende logo, non souben que contestar.


Detalles das pinturas do interior da ábsida.
Novelúa.
Monterroso

4 comentarios:

aopedofarelo dijo...

Incribles.....Non a coñecia...¿Sabes se podese viistar en calquera momento...?

A Ulloa en fotos dijo...

Podes vela tódolos domingos. Teñen misa a unha da tarde. Desgraciadamente, como todas a xoias do románico ulloán salvo Vilar de Donas, é a única forma de entrar nela.

Se che interesan as pinturas recoméndoche San Miguel de Coence (misa o 2º e 4º sábado de mes as 6 da tarde agora no inverno e as sete no verán), ou Santa María de Marzán (misa tódolos domingos as dez da mañá).

aopedofarelo dijo...

Moitas grazas....e digo Eu, non hai maneira de velas, sen a misa....non te soy demasiado afeccionado a elas..¿non ten as chaves algun veciño, como nas de Vilar de Donas.....?

A Ulloa en fotos dijo...

O sacristán ten as chaves pero a non ser que fales co cura primeiro, ponche pegas para non abrila (sobre todo porque xa quixeron entrar a roubar varias veces, unha non fai moito).

O que eu fago é esperar a que remate a misa e logo entrar na igrexa. É o mellor.